“Neste curruncho do mundo“
Multicines Norte · 3€ Soci@s/ 4€ Non Soci@s
Mércores, 13 Novembro · 19:40h
Dende o CinemAteneo, queremos proporvos unha película arriscada para esta primeira película da tempada. Pero é un risco que cremos que paga a pena con creces, pois “Neste curruncho do mundo” é unha excepcional película por si mesma, que pasou algo desapercibida por tratarse de animación para adultos. Centrada nos meses e días previos á caída da bomba de Hiroshima, a película vai envolvendo ao espectador nun mundo de cotidianeidade e afectos que se romperán de súpeto nun instante. Unha película de debuxo sinxelo e emocións complexas, que seguramente convencerá aos máis escepticos, afeccionados ou non ao cine de animación.
No debate posterior a proxección da película contaremos coa colaboración de Mari Hashimoto e Francisco Maseda, profesores do Departamento de Xaponés da E.O.I de Vigo
O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e 4€
para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas
taquillas do cine.
para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas
taquillas do cine.
Ficha Técnica:
Título: Neste curruncho do mundo (Kono Sekai no Katasumi ni )
Ano: 2016
País: Xapón
Duración: 129 min
Dirección: Sunao Katabuchi
Guión: Sunao Katabuchi segundo o comic de Fumiyo Kono
Sinopse: Suzu Urano é unha moza que tra-lo seu matrimonio múdase co seu marido, oficial da mariña imperial, á cidade de Kure, na prefetura de Hiroshima. A guerra e os seus efectos irán trocando as súas vidas.