A Historia a través dos ósos
Dr. Edgar Camarós, arqueólogo
Xoves, 14 de novembro, 19.30 horas
Sede do Parque Nacional Illas Atlánticas
Xoves, 14 de novembro, 19.30 horas
Sede do Parque Nacional Illas Atlánticas
O próximo xoves 14, ás 19.30 horas, no salón de actos da Sede do parque nacional Illas atlánticas (entrada pola rúa Oliva), o Dr. Edgar Camarós vai compartir con nós as súas experiencias no campo da arqueoloxía.
Edgar Camarós busca, escava e analiza ósos de distintos lugares e períodos da historia, para logo escóitalos agardando que lle conten os seus segredos.
- O Dr. Camarós é arqueólogo e actualmente investiga no Instituto Internacional de Investigacións Prehistóricas (IIIP) e dá clases de Antropoloxía Biolóxica e de Arqueoloxía da morte na Universidade de Cantabria.
Trátase dun dos máis recoñecidos expertos internacionais en Tafonomía e Osteoarqueoloxía, disciplinas ambas que estudan os restos humanos do pasado. Compaxina o seu labor docente e investigador coa peritaxe xudicial, asesorando a tribunais e Corpos de policía en casos nos que hai implicados ósos humanos.Traballou en Atapuerca e, na actualidade, é o director das excavacións arqueolóxicas en O Penedo (Cantabria), xacemento declarado Patrimonio da humanidade pola UNESCO.