trinta anos da mostra CineGalicia. Trinta anos desde aqueles 23, 24 e 25
de novembro de 1989 nos que
o cine Fraga, tristemente hoxe pechado, foi testigo excepcional da
estrea
de tres longametraxes galegas:
Sempre Xonxa,
Continental e Urxa.
audiovisual,
o cerne dunha
maravillosa etapa da que estamos a recoller os froitos con novos directores e directoras
como Oliver Laxe, Diana Toucedo, Eloy Enciso, Lois Patiño, Alfonso Zarauza,
Alvaro Gago, Anxos Fazáns e outros moitos que están a levar o cine feito
en Galicia a un importante nivel internacional.
Atlántico quere render unha homenaxe ás persoas
que loitaron por conseguir que aquelas tres longametraxes marcases o
inicio dunha fermosa historia. Neste acto conmemorativo que hoxe
organizamos contamos con autores e executores que nos falarán da milagre
Continental, Sempre Xonxa e Urxa, un representante de cada unha das tres películas que viron a luz naquelas históricas xornadas.
- Uxía Blanco, protagonista de Sempre Xonxa.
O guión de Sempre Xonxa coñeceu o seu primeiro bosquexo
xa a finais de 1985. A inspiración
encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar
no seu Forcarei natal e nas aldeas de Rubillón e Baíste (Avión), nas que
gravou Mamasunción. Pasou por ata nove versións antes de chegar ao
guión definitivo en
1988. Santoalla, no Concello de Petín, sería o Trasdomonte da ficción. A
rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos,
demorouse durante ano e medio. Por fin puido estrearse en 1989 para
acadar un gran éxito nos
cines de Galicia.
- Pancho Casal, produtor de Continental.
Continental, de Xavier Villaverde, trasládanos a
mediados do século XX, cando dúas faccións mafiosas se disputan
a sala
Continental, un bar-prostíbulo sito nunha zona portuaria. Os líderes das
dúas bandas estiveran no pasado ás ordes do mesmo capo, Gonçalves, a
quen deran morte na procura de poder. Continental, contou coa interpretación dun elenco de actores
excepcional:
Eusebio Poncela, Marisa Paredes, Féodor Atkine, Héctor Alterio, Jorge
Sanz, Cristina Marcos, Fernando Guillén, Lola Baldrich, Nancho Novo,
Alberto Alonso, Antón Reixa, Will Mor, etc.
- Alfredo García Pinal,
director de Urxa.
Urxa conta tres momentos da vida dunha muller na sociedade galega do século XX. O seu rol máxico está
vinculado ao entorno social e á naturaleza, da que é preservadora e medium. Alfredo García Pinal, que xunto a
Carlos Piñeiro fixo tamén guión, dirixiu nesta película a actores da talla de
Luma Gómez, Alfonso Valenzuela, Laura Ponte, Raquel Lagares, Vicente
Montoto, Lois Lemos, Pancho Martínez, Miguel de Lira, Manolo Bouzón,
María Bouzas, etc.
- Miguel Anxo Fernández, crítico de cine de La Voz de Galicia,
Licenciado en Xeografía e Historia e doutor en Comunicación Audiovisual
pola Universidade de Vigo, actualmente é profesor de Comunicación
Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de
Pontevedra, da Universidade de Vigo. Compaxina o seu labor de profesor coa
autoría de numerosas obras de historia do cine galego e de
ficción, así como ensaios e colaboracións en numerosas publicacións,
exercendo de crítico de cine e televisión diariamente en La Voz de
Galicia