O mércores 29 de xaneiro teremos unha nova sesión de cine no Espazo Cubo.
Nesta ocasión o invitado será Sergio López Pazos, que elixiu, para presentarnos, a película La historia oficial, do director arxentino Luis Puenzo.
Trátase dunha multipremiada película sobre as desaparicións na ditadura militar arxentina; entre os galardóns recibidos destaca o Óscar de 1985 á mellor película estranxeira.
Ficha Técnica
Ano 1985
Duración 110 min.
País Arxentina
Dirección Luis Puenzo
Guión Aida Bortnik e Luis Puenzo
Música Atilio Stampone
Fotografía Félix Monti
Reparto Héctor Alterio,
Norma Aleandro,
Hugo Arana,
Chunchuna Villafañe,
Lidia Catalano,
Chela Ruiz,
Patricio Contreras,
Guillermo Battaglia,
Daniel Lago
Produción Historias Cinematográficas / Progress Communications
Argumento
Bos Aires, 1983. Nos últimos anos da ditadura militar
arxentina, unha acomodada profesora de historia comeza a tomar
consciencia do ocorrido nese período. As súas sospeitas sobre os escuros asuntos do seu marido e a relación cunha aboa de Praza de Maio que busca á súa neta son os motivos que a levan a reformularse toda a ‘historia
oficial’. ( De Filmaffinity)
Premios
-
1985: Óscar: Mellor película de fala non inglesa. 2 nominacións1985: Globos de ouro: Mellor película de fala non inglesa1985: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actriz (Norma Aleandro)1985: Asociación de Críticos de Os Anxeles: Mellor película estranxeira1985: Festival de Cannes: Premio do Xurado Ecuménico e mellor actriz (Norma Aleandro)1985: Festival de Toronto: Mellor película (Premio do Público)1985: Festival de Chicago: Hugo de Ouro – Mellor película1986: Premios David di Donatello: Mellor actriz estranxeira (Aleandro). 5 nominacións1986: Festival de Berlín: Premio Interfilm – Premio Otto Dibelius Film