Para axudarnos na reflexión contamos con Francisco Delgado Ruíz, que será presentado por Rosa Pascual.
Francisco Delgado Ruiz é psicólogo industrial e licenciado en relacións laborais e saúde laboral. Traballou durante anos en artes gráficas como tipógrafo e despois nunha entidade financeira. En 1976 Felipe González encargoulle a reorganización do PSOE en Albacete. Foi deputado nas Cortes Constituíntes en 1977 e senador na lexislatura de 1979 polo PSOE, partido que abandonou en 1999. Tamén foi tenente de alcalde na cidade de Albacete (1991-1995). Foi líder sindical da UGT, presidente da Confederación Española de Asociacións de pais de alumnos (CEAPA), membro durante 15 anos do Consello Escolar do Estado e durante 3 anos do Consello Escolar de Castilla-La Mancha Foi presidente da asociación Europa Laica
Ten numerosas publicacións no eido do laicismo e, en concreto, na defensa (e necesidade) dunha escola laica. Algunhas das súas publicacións son:
- 1997 – La escuela pública amenazada. Dilemas en la enseñanza , Madrid, Editorial Popular.
- 1988 – Guía para la formación activa de madres y padres (con Otazu, F., Chazarra, A.), Madrid, CEAPA.
- 2001 – La escuela pública como agente igualador, o no, en el nuevo escenario social , en Los retos de la enseñanza pública , José Gimeno Sacristán (coord.), Akal, 2001.
- 2006 – Hacia la Escuela Laica , Ediciones del laberinto.
- 2009 – Europa laica. La lucha por construir un Estado laico , en Antología laica. 66 textos comentados para comprender el laicismo , Henri Peña-Ruiz y César Tejedor de la Iglesia, Ediciones Universidad de Salamanca,
- (2011) “Aprender sin dogmas” -coautor- Editorial Milrazones 2014- Evanescencia de la escuela pública. Asociada al desmantelamiento progresivo de la democracia , Editorial Cultivalibros
- (2015) – “La cruz en las aulas” Colección AFONDO. AKAL Editorial
- (2019) TEJARES 13 – Memorias entre dos siglos, ensayo autobiográfico – Altaban Editores