Presentación do libro A desfeita, de Alber Camus
Edicións Espiral Maior
Tradución ao galego de X. Manuel Beiras
 Coa presenza do autor e do editor, M. Anxo Fernán-Vello
Presenta Laura Caveiro
Xoves 27 de febreiro, 19.30 horas
Biblioteca da EMAO

Da man do Ateneo
Atlántico de Vigo volve o Xosé Manuel Beiras tradutor do francés,
o xoves 27 de febreiro ás 19.30 hora na biblioteca da EMAO, para
presentarnos a súa versión en lingua galega de “La Chute”, a
derradeira novela de Albert Camus.
A editorial Espiral Maior
publica “A desfeita”, título desta recente edición, arrequecida
cun prólogo do propio tradutor e un epílogo de Roger Quilliot.
Intervirá tamén na
presentación o director da editorial, Miguel Anxo Fernán-Vello.
Polo Ateneo Atlántico,
presenta o acto a escritora Laura Caveiro.
Sobre “A desfeita”:
Editada orixinariamente
por Gallimard en 1956, un ano antes de que lle concederan a Camus o
premio Nobel de Literatura, considérase unha das obras literarias
máis atraíntes da súa época. Será Jean-Baptiste Clamence,
enigmático avogado ou máis ben xuíz-penitente, protagonista da
desfeita á que alude o título, sempre a lle facer confesións a un
interlocutor invisible. Cada pregunta e cada situación fican
gravadas na memoria de quen as le, e son sempre susceptibles de
diversas interpretacións e distintos niveis de lectura.
Sobre o tradutor e
prologuista de “A desfeita”:
Xosé Manuel Beiras
(Santiago de Compostela, 1936), economista, ensaísta e político,
ten unha traxectoria pública de todos coñecida como referente do
nacionalismo galego. Figura clave na Galicia contemporánea,
catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago, e
autor do famoso ensaio “O atraso económico da Galiza”.
Dende
hai medio século vén realizando traducións ao galego de clásicos
da literatura francesa especialmente de autores como Jean Paul Sartre
ou Albert Camus, como é agora o caso de “A desfeita”, novela da
que nos ocuparemos na presentación literaria á que estades
convidados.