O Ateneo no día mundial dos Océanos
Da Investigación Mariña á Cultura Oceánica
Con Luisa Martínez Lorenzo
Presenta Pepe Pintado Valverde
Martes 9 de xuño, 18 horas
Canle de Youtube do Ateneo

Que é a Cultura Oceánica? Que océano queremos? Que precisamos
coñecer para conseguilo? Pode a sociedade contribuír a cambiar o
océano? Como facer chegar a Ciencia Mariña á sociedade?

Para falar destes temas, e con motivo do Día Mundial dos Océanos,
o próximo martes día 9 de xuño teremos con nós á responsable
da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, Luisa Martínez
Lorenzo, que conversará con Pepe Pintado, investigador e
Vicedirector de Cultura Científica no Instituto de Investigacións
Mariñas de Vigo.

Luisa Martínez Lorenzo

Oceanógrafa e responsable da Unidade de
Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia desde o ano
2008. Ten experiencia no deseño, coordinación e desenvolvemento de
accións de divulgación científica tanto en Galicia como no ámbito
estatal, participando tamén en accións a nivel europeo, e
especialmente naquelas relacionadas coa investigación mariña.
Destaca a súa participación en accións que achegan a Ciencia a
través da cultura e o lecer, con actividades como conversas entre
ciencia e literatura, obradoiros de arte e ciencia, exposicións, 
obras de teatro, etc., e naquelas de dan visibilidade á muller e ao
persoal técnico na investigación.
Co-autora
de varios materiais didácticos e guionista de teatro científico, é
ademais autora do álbum ilustrado “Puf! Vaia peido” da Editorial
Galaxia, e Directora da Colección de divulgación científica
Lanterna de Aristóteles da mesma editorial.

Pepe Pintado Valverde

É investigador no departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños
do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo. En
paralelo ao seu traballo de investigación, coordina e participa
habitualmente en actividades educativas e de divulgación científica,
en medios, conferencias, eventos ou publicacións, e é na
actualidade Vicedirector de Cultura Científica no IIM-CSIC.
Vicedirector de Cultura Científica I Deputy Director for
Engagement with Society