O pasado 13 de abril celebramos as Asembleas Xerais Ordinaria e Extraordinaria do Ateneo Atlántico. Na Ordinaria fíxose balance das actividade do ano e se presentaron e aprobaron as contas anuais.
Na Asemblea Extraordinaria procedeuse á votación da nova Xunta Directiva que estará presidida por Luísa Abad.
Asemblea Ordinaria
Na que sería a súa última asemblea como presidente do Ateno, Anxo Cabada fixo memoria das actividades do último ano así como un breve balance do que foron os seus anos como presidente do Ateneo, desde a súa posta de largo naquel memorable 6 de outubro de 2017, no Marco, e o día de hoxe.
Aproveitou, tamén´, para agradecer o traballo de todas as persoas que participaron nas distintas Xuntas directivas (Marta Souto, Gonzalo L. Escalante, Forcadela, J.L. Mateo, Ana Fresco, e un longo etcétera de entrega e dedicación ao Ateneo).
Anxo tivo unhas palabras especiais para Emilio Zunzunegui, alma máter da xénese dun Ateneo na cidade de Vigo e máximo expoñente dos seus valores fundacionais: tolerancia, respecto, diálogo, traballo, pluralidade, compromiso, etc. Grazas, Magis, unha aperta e ata sempre.
A continuación, o propio Emilio presentou o balance de contas do ano 2022 que foi aprobado pola unanimidade da asemblea.
Emilio tamén fixo a súa propia despedida dos cargos representativos do Ateneo agradecendo todas as mostras de traballo e cariño recibidas durante estes anos.
Sen rogos nin preguntas, deuse por pechada a asemblea.
Asemblea Extraordinaria
Guiou a asemblea o propio Anxo Cavada lamentando que non haxa ningunha alternativa á proposta de continuidade -para moitos forzosa- da actual Xunta Directiva.
Así, e con algunhas modificacións importantes, a nova Xunta Directiva do Ateneo Atlántico está marcada pola continuidade de moitas das persoas que participaron na súa organización nos últimos anos.
En dous actos de especial afouteza e desinterese, Luisa Abad asume o cargo de Presidenta, e Anxo Cávada vai facilitar a transición desde a Vicepresidencia.
Ademais, Fernando Fernández e Fernando D. Bahamonde ocuprán a secretaría e a tesourería.
Xa para rematar, os vogais da nova Xunta directiva son: Mari Ángeles Sueiro, Reme Copa, María Xosé Porteiro, Rafa Ojea, Laura Caaveiro, Xabier Paz e Nacho Pérez.
Sorte e ánimos a todas nesta nova andaina do Ateneo.