O pasado mércores, 4 de xaneiro de 2023, tivemos o ansiado encontro coa poeta Olga Novo.
Olga estivo no noso club de lectura para compartir co Ateneo o seu poemario Feliz-Idade, Premio Nacional de Poesía 2020, Premio da crítica española e da crítica galega.
Ademais de comentar a súa obra (“intimista, que conecta con experiencias vitais”), e de contestar ás preguntas das persoas asistentes, Olga recitou algúns do seus poemas.
Con motivo da súa presenza no Club de lectura do Ateneo Atlántico, o diario Atlántico de Vigo realizoulle unha interesante entrevista que podemos ler neste enlace