O 20 de decembro de 2022, na biblioteca da EMAO, Xosé Manuel Beiras presentou da man do Ateneo Atlántico o seu libro Retratos en Fite.
Beiras estivo acompañado de Martiño Noriega, que fixo unha análise do libro e tamén da figura do autor, para completar a súa participación, Mariño formuloulle unha serie de preguntas ao autor.
Invitamos a Martiño por ser el un dos retratados no libro e por manter unha longa amizade con Beiras que se manifestou nunha complicidade evidente.
Presentou a ambos Laura Caveiro.
O discurso de Beiras foi, coma é habitual nel, barroco, cambiante, erudito e imprevisible. Tira de ideas e argumentos e van saíndo coma cereixas dun cesto. Centrouse en explicar a xénese dun libro que foi escribindo aos poucos ao longo de catro decenios. Son trinta e seis semblanzas que forman un libro con similitudes cos “Retratos de esguello” de Seoane e o ” Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo. Dedicou gran parte do tempo a explicar as vivencias persoais que tivo con Don Ramón e o enorme mérito da publicación dese libro en plena ditadura.
Un público fiel encheu a biblioteca e formulou preguntas sobre o libro e sobre a actualidade política unha vez acabada a presentación.