Precarización da vida en tempos de Covid

Precarización da vida en tempos de Covid
Todo cambia, para que todo siga igual?

Silvia Pérez Freire conversa con Amada Traba
Martes 16 de marzo, 19 horas
Online a través de Zoom

Con motivo da semana do 8M, o Ateneo Atlántico está a pór no centro da reflexión a especial repercusión que está a ter a crise do Covid no mundo da muller.

A semana pasada presentamos o vídeo co noso manifesto feminista de 2021, vídeo que xira, precisamente, arredor deste tema. Pódese ver premendo na imaxe.

Vídeo 8M 2021

Nesta mesma liña, o martes 16 de marzo, Silvia Pérez Freire conversará con Amada Traba arredor de Precarización da vida en tempos de Covid, Todo cambia, para que todo siga igual?

O acto será sen presenza física e retransmitido a través de Zoom.
No menú lateral temos un pequeno vídeo que explica como conectarse a Zoom para poder seguir o acto.

Para conectarse a Zoom hai que premer non enlace:

Conexión a Zoom para actividades do Ateneo Atlántico

 Unha vez dentro de Zoom hai que escribir o identificador da reunión e o código de acceso:

ID de reunión: 878 5625 5312
Código de acceso: 980443

De teres problemas coa conexión non dubides en consultar o vídeo explicativo:

Vídeo: Como unirse a Zoom

Silvia Pérez Freire é Doutora en
Socioloxía especializada en Violencia de Xénero desde hai 17 anos.
A partir do ano 2007 imparte docencia na Universidade de Vigo e traballa
como consultora científica.
Participou activamente en numerosos
estudos e entre os que dirixiu atópanse: “Análise e diagnóstico
da situación das mulleres vítimas de violencia de xénero cun
trastorno  adictivo activo
” (2017-2018) financiado pola
Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) ou “Diagnóstico do
hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense

(Concello de Ourense, 2019).
Ten publicados 11 libros e unha vintena de
artigos académicos vinculados á violencia de xénero. Entre os máis
relevantes: o “Informe Estudo  exploratorio de trata de
persoas en Galicia
” (Xunta de Galicia, 2013) e a tese “
Victimización de trata sexual: imaxinarios e  invisibilización
(Ministerio de Presidencia, 2019), ambas de descarga gratuíta na
internet

Amada Traba Díaz é Lincenciada en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de
Madrid (1981).
Dende o ano 1997 é profesora da Universidade de Vigo. Docente de Socioloxía da
Educación na Facultade de Ciencias da Educación no Campus de Pontevedra nos
graos de Educación Infantil e Primaria.
Leva 30 anos participando en numerosas e diversas actividades de formación en
materia de igualdade e xénero: mestrados universitarios da Universidade de Vigo e
da Coruña, cursos no CEFORE e na EGAP, elaboración de materiais didácticos e
documentación para publicacións, así como participando en conferencias e
coloquios dirixidos a todo tipo de público.
Relatora en moitos congresos e cursos
en materia de igualdade e xénero organizados por universidades e por todo tipo de
institucións públicas ou asociacións.
Investigadora en proxectos da Cátedra Feminista da Universidade de Vigo.
Coautora da primeira Diagnose da igualdade na Universidade de Vigo e das bases
para o deseño do I plan de Igualdade da Universidade de Vigo.
Colaboradora da Concellería da Muller do Concello de Vigo en varias ocasións
coordinando a diagnose para o Primeiro Plan de Igualdade das Mulleres de Vigo, e
elaborando o deseño e a avaliación do I Plan de Igualdade e, posteriormente, a
avaliación de necesidades e deseño do II Plan. Tamén colaborou co Concello de
Redondela realizando a avaliación do I Plan de Igualdade e a diagnose de
necesidades e deseño do II plan.
Froito dese traballo ten diversas publicacións. A máis recente e coñecida é
ám@me. Pensar o amor no século XXI, publicada por Galaxia e traducida para o
castelán co título Amarte na Editorial La Catarata. Ensaio en coautoría con Chis
Oliveira.