Catas na memoria
A represión franquista no Val Miñor
 Carlos Méixome
Martes 19 de outubro
19 horas, biblioteca da EMAO

Xosé María Álvarez Cáccamo
Telmo Rodríguez
Rosa Pascual

O Ateneo Atlántico, en colaboración con Edicións Laiovento, organiza a presentación do libro Catas na memoria (A represión franquista no Val Miñor), de Carlos Méixome.

No acto, xunto co autor, participarán Xosé María Álvarez Cáccamo (poeta), Telmo Comesaña (Asociación viguesa pola memoria do 36), e Rosa Pascual (historiadora).

 Carlos Méixome Quinteiro (1954). Naceu en Lalín, criouse no Carballiño e vive no Val Miñor. Estudou Filosofía e Ciencias de Educación en Compostela e exerceu como profesor de Xeografía e Historia ata a súa xubilación. Fundou o Instituto de Estudos Miñoranos e foi o seu director ata 2015. Ten publicado sobre cuestión internacionais e relacionados coa historia contemporánea de Galicia e investigado sobre a persecución franquista na área ao sur da cidade de Vigo, algunhas desas investigación recóllense neste libro. Dende 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro, de variada temática

Catas na memoria. A persecución
franquista no Val de Miñor

Como cinco prospeccións sobre a
persecución franquista, como cinco pescudas froito dunha actividade
memorialista de anos como se un fío de Ariadna andase a turrar de
min, empurrado pola profunda sensación de inxustiza que comete un
estado autoproclamado democrático que non é quen de reparar a
profunda inxustiza cometida coa cidadanía perseguida por un réxime
que concentrou e expandiu todos os horrores do século XX.

A persecución sobre o maxisterio
miñorán, a causa xeral contra a República en Gondomar, a
resistencia dos miñoráns en Canido, a persecución en Baiona e as
condenas a morte de veciños de Nigrán, son as catro pescudas
parciais que permiten albiscar unha visión de conxunto da
persecución franquista no Val de Miñor.