SACAR Á LUZ

Memoria das rapadas

Martes 14 de decembro 20 horas
Multicines Norte
cinemAteneo
Presenta Montse Fajardo

Na liña iniciada na última sesión (Billy), de recuperación da memoria histórica a través de documentais realizados na actualidade, o
Ateneo Atlántico organiza a presentación de Sacar á Luz, Memoria das rapadas.

A proxección, co coloquio posterior, terá lugar o martes 14 de decembro, ás 19 horas, nos Multicines Norte (Vía Norte, Vigo)

Os Multicines Norte ofrecen a posibilidade de facer a compra anticipada de entradas en:

Enlace á Web de Multicines Norte para compra anticipada de entradas

 A película

Sacar á luz é un moi
suxestivo título para un documental polo que ten de crear
expectativa respecto ao que está oculto, agochado, o que é non
nato.

Pero se de memoria histórica falamos, engadimos o tráxico
compoñente de todo aquilo que foi silenciado, que non se transformou
en relato porque permaneceu oculto nas gorxas das vítimas por medo,
por pánico, por vergoña ou por sentimento de culpa.

Nun exercicio de dignificación social,
as irmás Gema e Mónica del Rey Jordá (artistas integrantes de Art
al Cuadrat) e a psicóloga e antropóloga María Dolores Martín
Consuegra Martín Fontecha, realizan o documental co devandito
título, nomeado a 7 premios Goya na actual edición.

Nel relátanse as memorias de mulleres
que foron rapadas durante o franquismo, xunto con testemuñas das
súas fillas e netas, así como de persoas investigadoras sobre o
tema; a través dun exercicio inter-xeracional vanse debullando as
causas e consecuencias do silencio.

O rapado do cabelo escondía as
humillacións, desprezos, torturas, violacións e os desfiles moitas
veces baixo os efectos do aceite de ricino. Unha vez máis, utilizar
o corpo da muller para humillar os vencidos.

A cinta relata o sufrimento que marcou
a vida de varias xeracións, nun fío que pretende ter un efecto
terapéutico e pedagóxico para toda a sociedade e dar a coñecer o
pasado para dignificar as vítimas.

Para que non nos asolague un Río de
Esquecemento, para curar os hematomas dos ósos baixo terra que non serán po mentres non se saque
á luz o que agocharon. Por iso a necesidade de documentais como o
que agora o Ateneo Atlántico presenta.

 Montse Fajardo

A presentación da película correrá a cargo de Montse Fajardo (Vilagarcía de
Arousa, 1973), xornalista e escritora galega.

Despois de estudar Ciencias Políticas e da Administración e de
facer un máster en Dereito das Administracións e Institucións
Públicas, comezou a traballar como periodista en diferentes medios
de comunicación, primeiro no Salnés, e logo a nivel galego. As súas
colaboracións asoman tanto desde medios escritos como radiofónicos.

Motse forma parte do equipo do programa A memoria das mulleres,
promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de
Pontevedra para dar a coñecer en centros educativos as consecuencias
da sublevación en Galicia; a súa participación é coa charla “A
represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36”.