O pasado seis de outubro, no auditorio do Marco, vía
a luz o Ateneo Atlántico.
Concretábase así o proxecto dun
puño de viguesas que levaban, xa, varios meses de xuntanzas tentando
concretar as posibilidades de materialización, non se sabe moi ben
de que, se dunha difusa ilusión ou dun soño.


Hoxe, o Ateneo Atlántico é unha realidade,
aínda en cueiros, pero tan real como esas trescentas persoas
que, como asociadas ou simpatizantes, xa forman parte da
familia do Ateneo.
E iso si, en apenas dous meses, o Ateneo convocou
dous debates, unha conferencias, dúas sesións de cinefórum e o
nacemento dun libro. Xunto coa propia presentación do Ateneo,
estamos a falar de 7 actividades en 60 días… Coma que di, unha
proposta cada nove días
. E o máis ilusionante: todas elas
contaron cunha asistencia de vigueses axeitada ao
aforo de cada un dos locais
elixidos (cando non por riba das
nosas posibilidades de acollemento)

Na
foto do día da presentación podemos ver, e de esquerda a dereita, a unha
boa parte dos membros da Xunta directiva do Ateneo Atlántico:
José Luis Mateo (vicepresidencia), Emilio Zunzunegui (tesoureiría),
María Xosé Porteiro (relacións coa prensa), Anxo Cabada
(presidencia), Manuel Forcadela (área literaria), Ana Fresco (área
artística), Marta Souto (área medioambiental), Nacho Pérez (redes
sociais), X Carlos L Bernárdez (área artística), Dori Castro
(secretaría) e Ana Fresco.Aquel seis de outubro comprendemos que todos os
esforzos pagaran a pena.

O éxito da convocatoria foi sensacional:
calculamos que algún cento de persoas…; en todo caso ducias de
amigas que houberon de quedar de portas para fóra, sen poder recibir
da nosa parte a consideración e o meco que merecían por estar alí,
con nós, apoiándonos incondicionalmente.
Por outra banda, non puidemos estar mellor
acompañados: Morris, Xina Vega, Antón Bouza, Victoria Besada,
Iria Sobrino e Area Erina
apostaron por nós naquela emocionante
velada.
A repercusión nos medios deu fe e constatou que algo
novo
, e semella que diferente e rompedor, empezaba
a moverse
no sempre nervioso mundiño social, cultural e
científico da cidade de Vigo.
Pasada a bebedeira inicial, chegaba o momento da
verdade.
O 25 de outubro convocamos o noso primeiro acto,
digamos, máis en ‘serio’. Bautizamos o modelo como ‘O estado da
cuestión
‘ e aproveitamos a idoneidade do momento debater
sobre o Marco
. O formato, novidoso e arriscado: dimos difusión
ao debate e carta aberta a todas aquelas persoas que quixesen expoñer
o seu punto de vista, fose cal fose, sobre o futuro do Museo de Arte
Contemporánea de Vigo.

A biblioteca da Escola municipal de artes e
oficios
quedounos pequena. Baixo a atenta mirada do presentador e
moderador, Xosé Carlos L. Bernárdez, puidemos escoitar,
entre outras, as opinións de Ania González, Daniela Sarraíno,
Mingos Teixeira, Xerome Calero, Ánxel Huete
O mércores 8 de novembro subimos o pano dun
novo grupo de actividades: o cinefórum,
ou, como demos en chamalo, o cinemAteneo. O ciclo
inaugural xira arredor do uso que o poder fan do medo e
a primeira película foi a canadense (Denis Villenéuve, 2010),
Incendies. Para a presentación e coloquio contamos coa
inestimable presenza da escritora viguesa-kurda Yasmina Shawki
e actuou como moderador Emilio Zunzunegui. De novo o aforo do
local quedounos escaso e houbo xente que non puido acceder á sala.
Unha vez máis vémonos na obriga de encaixar o erro e pedir escusas.
A
apropiación
do espazo público: entre a arte e a delincuencia
.
Evidencias na cidade de Porto’ foi o título da marabillosa charla
coa que nos deleitou
António
Monteiro de Oliveira
,
o
20 de novembro
na casa Arines (sede do
Instituto
Camões
en Vigo).

Presentou
Carla Sofía Amado
(Instituto Camões) e moderou
José
Luís Mateo
.
Outra vez afluencia por riba das posibilidades do local e nivel moi
alto na conferencia…
No noso afán por diversificar os espazos que
propoñemos para as actividades, o 24 de novembro trasladamos
as artes do Ateneo á Casa Galega da Cultura. Novo espazo e
tamén novo ciclo cunha chea de posibilidades de futuro: ‘Pensar a
cidade
‘.

Abrimos co debate ‘O Vigo industrial‘ no que
propuxeron as súas teses Xosé Carlos Arias e Xan Carmona
con Amelia Pérez de moderadora; neste caso a organización
correu a cargo de Lucio Martínez e Emilio Zunzunegui e a
presentación de Anxo Cabada. Como non, novo éxito de público
e poñentes.
A segunda película do cinemAteneo foi
Axenda Oculta, de Ken Loach, cos comentarios de Celso López
Pazos
e a coordinación de Dori Castro. Como é habitual,
segundo mércores de mes (neste caso decembro) e un chanzo máis na
bebedeira de éxitos. Reflexión, e constatación de que, por moi ben
que vaian as cousas, hai que vivir cos pés no chan.
Xa por fin, o 14 de decembro, na libraría
Librouro, novo ámbito de actividades: o literAteneo,
un espazo para a literatura no que colaboramos coa presentación
d
o libro de investigación ‘El pan y la cruz. Hambre y
auxilio social en Galicia durante el primer franquismo
‘, do
historiador Lucio Martínez Pereda.

Acompañaron ao autor María Xosé Porteiro e
Manuel Forcadela
E agora, a pousa de Nadal.
Un par de semanas para
dixerir os éxitos do pasado, arrefriar as cabezas, poñer os
contadores a cero e comezar a pensar no que será o Ateneo
Atlántico a partir de xaneiro
.

Iso si, de entrada,
propoñémonos cumprir a esencia da declaración
fundacional
do Ateneo, que de verdade sexa un espazo plural,
independente, colaborativo, aberto a todas e a
todos. Para dar fe do titular de La voz de Galicia na primeira
entrevista ao noso presidente Anxo Cabada (‘cantos
máis vigueses se sumen ao Ateneo, máis actividades poderemos
organizar
‘) uns dos primeiros pasos que daremos será a
convocatoria dunha xuntanza xeral de ateneístas para, entre
todas, marcar o rumbo do que queremos que sexa o Ateneo, escoitando
todas as propostas, creando ámbitos de reflexión e traballo,
abrindo os brazos a todas as que queirades colaborar dun xeito
máis activo
na construción desta ilusión compartida.
E pouco máis. Desexarnos
a todos e a todas unhas Boas festas e que 2018 sexa o ano de
todos vosoutros e de todas nosoutras, porque así o será, tamén, do
Ateneo Atlántico.