O Ateneo Atlántico e a Editorial Biblioteca Nova presentan o
próximo 14 de decembro ás 8 da tarde na libraría Librouro o libro
El pan y la cruz. Hambre y Auxilio Social durante el primer
franquismo en Galicia, do historiador Lucio Martínez Pereda.
Na
presentación intervirán, ademais do propio autor, Manuel Forcadela
e Maria Xose Porteiro.
El pan y la cruz. Nesta obra, o autor analiza como a acción da
organización falanxista ‘Auxilio Social’, apoiada en medidas de
presión e coacción, terminou sendo unha decisiva ferramenta de
control social. En Galicia durante a década dos 40, fame e
recristianización serviron para coaccionar aos necesitados e
conducilos cara a comportamentos de aceptación e reprodución de
pautas de conduta e adoutrinamiento relixioso. Estas medidas foron
respondidas con mostras de rexeitamento que non se axustaron á imaxe
propagandística dunha Galicia submisa e colaboradora.
Lucio Martínez Pereda. Historiador. Investigador especializado na
propaganda, a violencia política e o control social no primeiro
franquismo en Galicia. É autor, entre outros, de: Propaganda,
mobilización e cerimonias político relixiosas en Vigo durante a
Guerra Civil (2011) e Medo político e control social na retagarda
franquista (2015).
Manuel Forcadela. Poeta, ensaista e novelista. Profesor titular na
facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.Profesor
invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).
Colaborador habitual en diversas revistas e xornais, é autor de máis
dunha trintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o
ensaio literario. Da súa ampla produción literaria cumpre destacar.
Poesía; Ferida acústica de río (1982, Xerais); O varredor en
outono (1988, Sotelo Blanco); Morte do fadista (2000, Espiral Maior).
Narrativa: Paisaxe con muller e barco (1990, Xerais); Fóra de xogo
(1993, Edicións do Cumio). Ensaio: A harpa e a terra (1988, Xerais);
Dama Saudade e o cabaleiro Sombra, (2012, Frank @ Timme, Berlín); A
árbore de Kant, (2017, Universidade de Vigo).
María Xosé Porteiro. Xornalista e escritora viguesa. Traballou
en prensa, radio e comunicación corporativa. Participou en política
no PSdeG e foi concelleira en Vigo, deputada no parlamento galego, no
Congreso, na Asamblea parlamentaria do Consello de Europa e Delegada
da Xunta no exterior. Na actualidade dirixe a Comisión de igualdade
do Consello da Cultura, pertence ao consello reitor do Instituto
Galego de Análise Internacional (IGADI) e ten a columna de opinión
Habitación Propia no xornal La Voz de Galicia.