Presenta Alicia Garrido
Cando se cumpren 25 anos do falecemento de Xosé Bar Bóo, dende o Ateneo Atlántico, coa colaboración da delegación do COAG-Vigo, queremos lembra-la obra do gran arquitecto vigués, facendo unha lectura inédita e novidosa do seu traballo. Será este Venres, día 8 de Novembro, na Sala de Conferencias da sede do Colexio de Arquitectos.
Para elo invitamos a Jaime Blanco, arquitecto autor da recente tese doutoral “La Obra de Xosé Bar Boo: Objetividad y Dimensión colectiva” para que nos fale dos achados da súa investigación. Celestino Garcia Braña, profesor titular de Composición Arquitectónica e vice-presidente da Real Academia de Belas Artes de Galicia, nos axudará a entende-la figura de Pepe Bar no seu contexto histórico en España e en Europa. Presentará o acto Alicia Garrido, tamén autora da outra gran monografía sobre o arquitecto vigués.
- Celestino Garcia Braña foi Profesor e Director do Departamento de Composición da UDC, e actualmente continúa a súa vinculación académica como Profesor Honorario. Autor de numerosos libros e publicacións no eido da Arquitectura, recibiu tamén o Premio Europeo á Rehabilitación ADDIPA pola súa intervención xunto a Isabel Aguirre no entorno do Mosteiro de Caaveiro. Foi decano-presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia (2005-2011) e actualmente é Vicepresidente da Real Academia de Belas Artes de Galicia.
- Jaime Blanco é Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona na que desenrola o seu labor docente como profesor asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos. Obtén o título de Doutor Arquitecto Cum Laude no 2016 coa tese doutoral “La obra de Xosé Bar Bóo: objetividad y dimensión colectiva”. Dende o ano 2005 desenrola a súa actividade profesional como socio fundador de Mestura Arquitectos, con sede en Barcelona.
- Alicia Garrido é historiadora da arte, ademáis de autora do libro “La obra de Xosé Bar Bóo: Una arquitectura a la medida del hombre” (Fund. Pedro Barrie de la Maza, 2000)
Acceso libre para todo o público interesado, ata completar aforo (80 persoas).