Presentación de “Castelao. Construtor da nación. Tomo I”
de Miguel Anxo Seixas Seoane
coa participación do autor, Xose Luís Méndez Ferrín e Francisco Castro
Martes, 29 outubro · 20:00h
Biblioteca da EMAO · r/ Garcia Barbón, 5
Este martes 29 de Outubro, o Ateneo Atlántico participa na presentación do primeiro tomo da obra “Castelao. Construtor da nación” de Miguel Anxo Seixas Seoane, que terá lugar ás 20:00h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. Este é o primeiro dos tres volumes dunha obra exhaustiva, chamada a converterse na súa biografía de referencia.
Unha biografia que como un diario nos conta ano a ano a vida de Castelao dende o 1886 ata 1930. Unha crónica asemade da terra e do tempo polo que el navegou. Unha travesia por aquel Rianxo, a Pampa arxentina, Compostela, Madrid e finalmente Pontevedra e todas as persoas que el tratou e aquelas que dun xeito ou outro lle afectaron.
Entrada libre ata completar aforo (60 persoas).
- M. A. Seixas Seoane. Historiador, doutorado pola USC, redactor e guionista da Televisión de Galicia, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.
- X. L. Méndez Ferrín. Político, escritor, ensaísta, historiador, é unha das figuras máis importantes en Galicia ao longo de todo o século XX.
- Francisco Castro é o director xeral da Editorial Galaxia