O Ateneo Atlántico está de volta
Programación do último cuadrimestre
No camiño de volta á normalidade, o
Ateneo Atlántico quere sumar o seu esforzo á recuperación do pulso
cultural da nosa cidade.
A Xunta Directiva séntese forte e moi
ilusionada con este novo capítulo da nosa historia e quere
transmitir as súas sensacións ao colectivo da afiliación
do Ateneo e, en xeral, a todo o sector da poboación que, potencialmente, pode formar parte das nosas seguidoras e seguidores.
Esperando recuperar a participación e colaboración nos actos
que imos organizar que, a grandes liñas, son os seguintes:
-
Club de lectura.
Periodicidade mensual, o primeiro mércores de cada mes. Na primeira
xuntanza faremos a posta en común do libro do verán, O
infinito nun xunco, de Irene Vallejo e decidiremos a lectura
de novembro. Esta xuntanza terá lugar o mércores 6 de outubro, ás
18.30h no espazo Cubo
Este pode ser un momento magnífico
para te incorporares ao club.
-
cinemAteneo. Periodicidade
mensual, o segundo mércores de cada mes. Recuperación das sesións
presenciais nos cines Norte coa proxección do documental Billy,
de Max Lemcke (subtitulado: Torturas, impunidade e silencio;
voces desde o subsolo da democracia española) e o posterior
coloquio.Recuperación do modelo Cine ao
Cubo, no que se invita a un persoeiro da cidade a compartir
-comentario, visión e coloquio- unha das súas películas de
cabeceira.
Convocatoria dunha sesión aberta
a todas as asociadas para debater sobre a programación futura das
actividades arredor do cine e animar a novas incorporacións ao
grupo de traballo que se encarga de planificar e coordinar o
cinemAteneo. -
Ciclo de actividades polivalentes
arredor da Historia de Vigo.A primeira será o 4 de novembro e
xirará arredo do Vigo medieval; contará coa participación
dun historiador e dunha experta nas cantigas de Martín Códax; por
último teremos unha breve actuación de música medieval
interpretada con arpa.
O segundo capítulo xirará arredor do
Vigo do século XIX. -
Ciclo de conferencias en
colaboración coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O
Bierzo. Dará comezo o 14 de outubro e constará das seguintes propostas:-
A crise enerxética
-
Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación. -
A escaseza das terrar raras.
-
Antropoceno e desaparición da
diversidade. -
Propostas para unha sociedade do
decrecemento.
-
-
Charlas-coloquio para a
presentación de novas publicacións; será unha mensual e xa
podemos adiantar as que serán as tres primeiras.-
Catas
na memoria: a represión no Val Miñor, de Carlos
Méixome -
Clase
y política en España I. Estructura social y clase media en la
democracia postransicional,
de Modesto Gayo. -
A Barcelonesa, de Xabier
Paz
-
-
Segunda andaina por Vigo dentro do
ciclo Ensanche en conserva da man do arquitecto Nacho
Hortas. -
Organización dun curso de
iniciación á cata do viño. -
Edición da segunda revista do
Ateneo; estará centrada no certame literario Exeria e
nas actividades desenvolvidas ao longo do ano 2021. -
Continuar coa campaña Mirando
polos letreiros, que tantas satisfaccións ten dado ao Ateneo
Atlántico. Trátase, como sabedes, da posta en valor do patrimonio
gráfico da cidade.
De todo o anterior iremos informando
polos medios habituais: correo electrónico, whatsapp e, en especial,
a través desta web ateneoatlantico.gal
Recibide unha calorosa aperta e unha
migalla da nosa ilusión para manter o Ateneo Atlántico no lugar que
todas queremos que estea.