Club de lectura marzo
O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril, ás 18.30 horas, no espazo Ateneo.
O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril, ás 18.30 horas, no espazo Ateneo.
O Ateneo de Vigo presenta o libro As escumas da letra, Biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas 24, Luisa Villalta. Terá lugar o mércores 9 de abril, a partir das 19.30 horas, na EMAO.
Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca da EMAO.
O martes 16 de abril, ás 19.30 horas, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia, unha moeda social galega, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare, modelo de banca ética.
Románico, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa, a Carboeiro, e ao poboado mineiro de Fontao, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces.
Despois do éxito da primeira, a comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha segunda merendola. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Dado que nos faltou tempo, pensamos en continuar a parolada arredor do tema da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! E traede algo rico! Será o mércores 22 de abril, a partir das 18 horas no local do Ateneo.
O luns 22 de abril, ás 19.30, na biblioteca da EMAO, a nosa amiga e afiliada Xina Vega presenta con nós o seu último libro, O teu perfil na miña sombra (Diario dunha nai). No acto estará acompañada de Carme Adán, Inma López Silva e Marcos Calveiro.
A poética trasatlántica é o tema arredor do que conversan Alberto Avendaño e María Xosé Porteiro. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO, o martes 23 de abril, a partir das 19.30 horas. Ademais, Alberto Avendaño recitará algúns dos seus poemas.