• Club de lectura. Os anos tranquilos

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Os anos tranquilos, de Llerena Perozo Porteiro, é o libro elixido polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de febreiro. A xuntanza terá lugar o martes 5 de marzo, a partir das 18.30 horas no espazo Ateneo. Na xuntanza contaremos coa presenza da autora.

  • Mulleres científicas: Camiño á paridade

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular "Mulleres científicas: Camiño á paridade" e no que participan Verónica Salgueiriño (química, investigadora e profesora universitaria), Laura Filloy (arqueóloga, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura, e actuará como presentadora Amada Traba.

  • Asembleas 2025

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 12 de marzo ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas de non haber quórum en segunda , no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2025.
    Convoca, tamén, e a continuación, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva, segundo as ordes do día que se xuntan.

  • A guerrilla nos montes de Casaio

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O Ateneo Alántico prácese en organizar un acto arredor do tema "Historia e arqueoloxía da guerrilla nos montes de Casaio". Intervirán Mario Pereiro, Fran Alonso e Paco Macías. O acto terá lugar o venres 14 de marzo, a partir das 19.30 horas, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), e será presentado por María Gómez Faro.

  • Tecnopopulismo, redes e desinformación

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Ateneo Atlántico. Acto: Tecnopopulismo, redes e desinformación. Cando? Martes, 18 de marzo de 2025 ás 19.30 hora. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2). Quen? Carmela Ríos e Irene Bascoy.

  • cinemAteneo. Baldío

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    Ateneo Atlántico. cinemAteneo. Proxección: Baldío. Cando? Mércores 19 de marzo de 2025 ás 19.30 horas. Onde? Nos multicines Norte. Quen? Coa presenza da directora, Inés de Oliveira; presenta Uxía Blanco.

  • Saída a Braga

    Sede Zona Franca Areal 46, Vigo, Galicia, Spain

    Ateneo Atlántico. Saída a Braga. Da Brácara romana á Brácara atual. Cando? Sábado 22 de marzo, de 9 a 21 horas. Que? Visita guiada a Braga e ao parque das Sete fontes; comida no Miragaias forum. Prezo: 55€ persoas socias, 65€ non socias.

  • O cárcere de S. Simón e a represión en Vigo

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O cárcere de San Simón e a represión en Vigo. Cando? Martes 25 de marzo, 19.30 horas. Quen? Pepe Álvarez Castro; presenta Rosa Pascual. Onde? Casa Galega da Cultura.