30 anos de Beijing
27 Novembro / 19:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico, en colaboración con Resposta Feminista presentan As veteranas de Beijing relatan a súa experiencia 30 anos despois. Quen? María Xosé Porteiro e Pilar García Negro conversan con Priscila Retamozo. Cando? O xoves 27 de novembro de 2025. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

Facemos coincidir esta actividade coa semana do 25N, da xornada de Concienciación sobre a violencia contra as mulleres, e co trinta aniversario da IV Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Beijing, China, entre o 4 e o 15 de setembro de 1995.
Beijing-1995 foi un inédito ‘meeting point’ internacional para os feminismos en ascenso. Alí tamén estivemos as galegas. Hoxe, trinta nos despois, recollemos a herdanza e valoramos os avances con dúas das mulleres que alí nos representaron, Mª Xosé Porteiro e Pilar García Negro, para facer balance dos logros acadados polo feminismo desde entón, prestando especial atención, por mor das datas, á violencia contra das mulleres.
O colectivo Resposta Feminista, co que organizamos este acto, é un espazo de confluencia feminista composto por máis de 60 mulleres individuais e unha ducia de colectivas, organizadas para artellar feminismo na cidade de Vigo. Pensamos e actuamos en clave galega, bebendo dos feminismos autónomos de das plataformas feministas galegas que nos precederon e comprometidas en dar resposta urxente nas rúas da cidade aos ataques do patriarcado.

