• Saída ás Terras da Ulloa

    O Ateneo Atlántico organiza unha saída polas Terras da Ulloa. Cando? Sábado 26 de abril, saída ás 8.30 horas, chegada aproximada arredor das 21 horas. Onde? Visita ao castelo de Pambre, á igrexa de Vilar de Donas, á granxa ecolóxica Maruxa e ás terras afectadas polo proxecto Altri. Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias. Inscricións por wathsapp ao número 635685838 a partir do luns 21.

  • cinemAteneo. Filtrando a luz

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o filme documental Filtrando a luz, do director Xacobe Meléndrez Fassbender. Quen? Contaremos coa presenza do director. Cando? O mércores 30 de abril de 2025 ás 19.30 horas. Onde? No espazo Ateneo (doutor Cadaval 17)

  • Presentación: Ciencia e misterio en Celanova

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    Ateneo Atlántico. Actividade: Presentación do libro Ciencia e misterio en Celanova, de Xosé Benito Reza. Quen? Estará o autor con Bieito Ledo. Cando? O martes 6 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? No local do Ateneo Atlántico (Doutor Cadaval 17)

  • CdeL. Arraianos

    Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

    O libro seleccionado polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de abril é Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A xuntanza terá lugar no Espazo Ateneo (rúa Dr. Cadaval 17), o mércores 6 de maio a partir das 18.30 horas.

  • Presentación: Os médicos tamén enferman

    Librería Librouro Rúa de Eduardo Iglesias, 12, Vigo, Galicia, Spain

    Presentación do libro Os médicos tamén enferman, de Martiño Noriega. Quen? O autor estará acompañado de Manolo Bragado e o editor, Quique Alvarellos; a presentación correrá a cargo de Luísa Abad. Cando? O xoves 8 de maio a partir das 20 horas. Onde? Na Libraría Librouro (Eduardo Iglesias 12)

  • O Padroado de protección á muller en Vigo

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    Ateneo Atlántico presenta: O Padroado de proteción á muller en Vigo. Quen? Lucio Martínez Pereda; presenta Chis Oliveira. Cando? O martes 13 de maio, a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa).

  • Presenta: Álvaro Gil-Robles

    Casa do Libro Rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, Pontevedra, Spain

    O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Un comisario en el Consejo, de Álvaro Gil-Robles. Quen? O autor, Álvaro Gil-Robles y Gil Delgado estará acompañado por Teresa Conde Pumpido. Cando? O acto terá lugar o mércores 14 de maio, a partir das 19 horas. Onde? Na Casa del Libro de Vigo, na rúa Velázquez Moreno 27.

  • Arqueoloxía dos puticlubs

    Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

    O Ateneo Atlántico presenta o acto "Arqueoloxía dos puticlubs. A pegada da prostitución no noroeste de España". Quen? Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño, presenta María Xosé Porteiro. Cando? O martes 20 de maio a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa).