Saíndo do cuarto da costura
3 Marzo / 19:30 – 21:00
Novo acto do Ateneo Atlántico. Título: Saíndo do cuarto da costura. Arquitectura con perspectiva de xénero. Quen? A arquitecta María Carreiro; conversa con Silvia Pérez Freire e Amada Traba. Cando? O martes 3 de marzo de 2026 a partir das 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da cultura (entrada pola prada da Princesa)

María Carreiro
María Carreiro (Ourense, 1961) é doutora en arquitectura pola Universidade da Coruña, UDC. Profesora na área de Proxectos Arquitectónicos na ETS de Arquitectura da UDC. Forma parte do grupo GAUS, Grupo de Arquitectura y Urbanismo Sostenible.
Desde 1989, é arquitecta asociada na orde profesional dos arquitectos mccl.
Autora e editora de varios libros e artigos, así como ponente en diferentes congresos, simposios e conferencias. Escribe para a prensa diaria artigos de opinión e sobre cuestións actuais relacionadas coa arquitectura, o urbanismo e/ou o xénero.
Entre os sus libros cómpre reseñar El pliegue complex. La escalera y Siete escaleras, sete casas; ou, en colaboración con Cándido López, Milagros Rey Hombre, 1930-2014. Memorias e proxectos de unha arquitecta pioneira.
Participou como autora e editora noutras publicacións como Arquitectas pioneiras de Galicia. Ocho entrevistas, Entre-lugares: las fronteras domésticas, o La casa. Piezas, ensambles y estrategias.
(Datos como ponente na 6ª ICAG (VI International Conference on Architecture and Gender) da UPV)

