Mulleres científicas: Camiño á paridade
Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, SpainO Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular "Mulleres científicas: Camiño á paridade" e no que participan Verónica Salgueiriño (química, investigadora e profesora universitaria), Laura Filloy (arqueóloga, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura, e actuará como presentadora Amada Traba.