Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

O cárcere de S. Simón e a represión en Vigo

25 Marzo / 19:30 21:00

O cárcere de San Simón e a represión en Vigo.
Cando? Martes 25 de marzo, 19.30 horas
Quen? Pepe Álvarez Castro; presenta Rosa Pascual
Onde? Casa Galega da Cultura.

2025-03-25 RepresionSanSimon

A Illa de San Simón, na ría de Vigo, foi campo de concentración durante a guerra civil e posteriormente durante o franquismo.
Cómpre investigar o que alí aconteceu, para reparar cumpridamente ás vítimas daquela barbarie e para coñecer a nosa historia. É o mellor xeito de aprender a non repetila.

Xosé Álvarez Castro (Pontevedra, 1953), é un historiador e escritor galego.
Licenciado en Xeografía e Historia pola UNED e Mestrado en Educación ambiental, deu clases de Historia en Sanxenxo ata xubilarse. O seu labor como historiador centrouse na época da guerra civil española no ámbito local da cidade de Pontevedra.
Ten escrito artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal Nós Diario e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo».
En 2011 recibiu o Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda.
Entre as súas publicacións cómpre destacar Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939) (Xerais, 2013) e Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951) (Xerais, 2022).

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, 2
Vigo, Galiza 36202 Spain
+ Google Map
986 226 459