- Este evento pasou.
Mulleres científicas: Camiño á paridade
11 Marzo / 18:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico conmemora o 8M de 2025 visibilizando o papel das mulleres na ciencia. O vídeo anual está dedicado ás científicas (ver na nosa canle de Youtube) e o 11 de marzo teremos un acto que demos en titular “Mulleres científicas: Camiño á paridade” e no que participan Verónica Salgueiriño (química, investigadora e profesora universitaria), Laura Filloy (arqueóloga, periodista científica) e Soledad Torres (enxeñeira de telecomunicación, profesora universitaria); será a partir das 19.30 horas na Casa Galega da Cultura, e actuará como presentadora Amada Traba.

Soledad Torres
É Enxeñeira de Telecomunicación dende 1992 e Doutora Enxeñeira de Telecomunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, especializada en Tratamento Dixital de Sinais. Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Anteriormente, foi profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid, e investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
Os seus intereses como investigadora inclúen o Procesado Dixital de Sinais de audio e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico-técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.
Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.
(Galipedia)
Laura Filloy
Xornalista científica pola Universidade Carlos III de Madrid. Comezou a súa andaina profesional no Faro de Vigo. Con experiencia en comunicación institucional a través de Médicos sen Fronteiras e a Deputación de Pontevedra, meteuse de cheo na divulgación científica na Axencia EFE. Dende 2021 en Gciencia, onde segue a cultivar a súa paixón pola ciencia.
(GCiencia)
Verónica Salgueiriño
Verónica Salgueiriño obtivo o seu doutoramento en 2003. O seu traballo, dirixido por Luis M. Liz-Marzán, centrouse nas nanopartículas de ouro revestidas de sílice en matrices ordenadas en particular, o que permitiu o estudo das propiedades ópticas mostradas. Despois de dous anos de posdoctorado, primeiro na Universität Duisburg-Essen (Alemaña) (grupo de M. Farle), despois na Ira A. Fulton School of Engineering – Arizona State University, (EE. UU., grupo de R. Díaz), incorporouse ao Grupo Nanomag (Universidade de Santiago de Compostela, grupo de J. Rivas / M. A. López-Quintela) como un traballo de investigación sobre nanoartículos únicos en IPP. En 2008 foi galardoada co Premio Nacional L’Oréal-UNESCO (Mulleres na Ciencia). En marzo de 2009 incorporouse á Universidade de Vigo como becaria Ramon y Cajal liderando o grupo de Materiais Magnéticos que ela iniciou. É profesora asociada do departamento de Física Aplicada, desde maio de 2017. Membros: American Chemical Society, RSEF-GEFES (Grupo especializado de Física de Estado Sólido), CEMAG (Club Español de Magnetismo). O seu grupo de investigación céntrase no desenvolvemento e caracterización física e química de novas nanopartículas magnéticas e nanocompostos, con especial atención ás interfaces entre óxidos de metais de transición.
(UVigo)