Asembleas 2025
12 Marzo / 19:30 – 21:00
A Xunta Directiva da Asociación Ateneo Atlántico convoca a para 12 de marzo ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas de non haber quórum en segunda , no local habitual (Doutor Cadaval 17) a súa Asemblea Ordinaria de socixs correspondente ao ano 2025.
Convoca, tamén, e a continuación, unha Asemblea Extraordinaria para a elección da Xunta Directiva, segundo as ordes do día que se xuntan.

Xunta xeral ordinaria
A orde do día da Xunta xeral ordinaria será:
- Presentación da presidenta e resumo de actividades por parte das distintas comisións (tempo aproximado 15 minutos)
- Balance de xestión do secretario ( 15 minutos)
- Informe económico do tesoureiro ( 15 minutos)
- Presentación do orzamento de 2024 do tesoureiro ( 10 minutos)
- Xestións sobre o local
- Rogos e preguntas
Xunta xeral extraordinaria
A orde do día da Xunta xeral extraordinaria será:
- Elección da nova Xunta Directiva
Contamos con todxs vós para participar nesta Xuntas Xerais Ordinaria e Extraordinaria. Se a
participación é grande, máis confianza e representatividade estaremos a outorgar á Xunta
Directiva electa; canto máis colaboremos ben nos órganos de goberno, ben nas actividades
organizadas, maior eficacia teremos no noso funcionamento.
Segundo os Estatutos do Ateneo Atlántico (que se poden consultar completos na páxina web
ateneoatlantico.gal):
As candidaturas presentarase por calquera das vías habituais: por correo electrónico
(ateneo@ateneoatlantico.gal), ou presencialmente (os luns, entre 19 e 20 horas no Espazo
Ateneo, Dr. Cadaval 17 baixo).
No caso de existir socixs individuais que desexan incorporarse ao traballo sen formar parte
dunha candidatura poden aproveitar a asemblea para poñerse en contacto coa Xunta Directiva
que resulte elixida.
Artigo 11. (Dos dereitos das persoas asociadas sexan fundadoras ou de número, punto
3): ‘Participar nas Asembleas, con voz e voto, así como ser elector e/ou elixíbel para os os
cargos dos órganos de goberno’.
Artigo 20. (Das competencias da Asemblea Ordinaria): ‘a/ Aprobar o plan de actuación
proposto pala Xunta Directiva, así como examinar e aprobar a Memoria de xestión
correspondente, b/ Aprobar o Orzamento proposto pola Xunta Directiva, así como examinar e
aprobar os Balances e as Cantas anuais do exercicio anterior, e/ Solicitar a declaración de
utilidade pública da Asociación Ateneo Atlántico’ …
Artigo 22. (Das competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: ‘a/ Elixir e cesar os
integrantes da Xunta Directiva, b/ Aprobar a federación con outras asociacións, c/ Modificar os
Estatutos da Asociación Ateneo Atlántico’ …
Artigo 24. (Da Xunta Directiva). ‘A Asociación será xestionada e representada por unha
Xunta Directiva formada polos cargos unipersoais encargados da Presidencia, Vicepresidencia,
Secretaría, Tesourería e de 4 a 12 Vocais … Os cargos serán designados e revogados pala
Asemblea Xeral Extraordinaria e o seu mandato terá unha duración de dous anos, podendo ser
nova mente elixidos por decisión de Asemblea Xeral ate un máximo de dúas ocasións con un
máximo total continuado de seis anos’.
actual Xunta directiva quere garantir ao máximo o dereito de todas xs socixs (artigo 11)
segundo o cal ‘todxs somos electores e elixíbeis’. Así, no caso de existir un ou máis grupos de
asociadxs interesados en formar unha Xunta Directiva alternativa, este é o momento de
presentar diante da Asemblea Xeral Extraordinaria as diferentes propostas para que sexa esta
a que decida.
Os Estatutos (Artigo 17) apuntan que as Asembleas (ordinaria e extraordinaria), serán
convocadas con 15 días de antelación. Así mesmo, os puntos h/ e i/ do Artigo 28 dos Estatutos
(das Facultades da Xunta Directiva) especifican: Interpretar os Estatutos e o Regulamento de
Réxime Interno e velar polo seo cumprimento, e Ditar normas de funcionamento non
contemplados no Regulamento de Réxime Interno.
En función das atribucións conferidas, a Xunta Directiva concreta que:
As candidaturas á Xunta Directiva non poderán ser individuais. Todo socix que desexe
exercer o seu dereito a participar na Xunta Directiva deberá facelo a través da incorporación a
unha candidatura ou, previa aprobación por parte desta, por incorporación posterior á Xunta
Directiva electa.
Coa fin de garantir o coñecemento das candidaturas por parte dos asociados mediante
a difusión das mesmas cunha antelación suficiente, as Candidaturas notificarán a súa decisión
de presentarse á elección a partir do mesmo momento da publicación desta convocatoria e
con, cando menos, unha semana -7 días naturais- á celebración da Asemblea.
Na notificación será suficiente presentar os nomes, números de asociadx, cargos que
ocuparía na Xunta e números de DNI de todas as persoas que optan a formar parte das
candidaturas á Xunta directiva. No caso de querer xuntar información complementaria sobre a
candidatura aos asociadxs, esta será presentada con tempo suficiente para que a Xunta
Directiva poida remitila.
Lembramos que, tamén segundo os estatutos, Artigo 24, a candidatura debe estar
formada por, cando menos, oito socios e socias (catro órganos unipersoais -Presidencia,
Vicepresidencia, Secretaría, Tesourería- e un mínimo de 4 e un máximo de 12 Vocais).
Animándovos, de novo, a participar dos órganos de goberno do Ateneo Atlántico, e moi
especialmente, a acudirr ás Asembleas e actos que celebramos.
A documentación co informe económico está á disposición de toda persoa socia no local do
Ateneo o día 24 de febreiro de 18.30 a 20.00 horas.
Por último dicirvos que remataremos a sesión cuns petiscos e un viño galego. Recibide un
afectuoso saúdo.
Asinado, A presidenta, Lusia Abad