Unha película con, Manolo Romón

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O vindeiro martes 28 de febreiro temos unha nova cita co cine. Dentro do modelo que temos chamado Unha película con, invitamos ao actor e escritor Manolo Romón para que comparta con nós o seu cine favorito. A película que veremos, proposta por Manolo, é A pirámide humana, de Jean Rouch.

cinemAteneo Sesión dobre

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Nova sesión do cinemAteneo do Ateneo Atlántico con sesión dobre para conmemorar o 8 de marzo. Poderemos ver, e comentar, as películas A las mujeres de España (María Lejárraga) e a curtametraxe Matria, de Álvaro Gago.
Será o mércores 15 de marzo, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.

Unha peli con, Fernando Franco

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Río de sombras, de Daniel Domínguez, é a película seleccionada por Fernando Franco para compartir co Ateneo Atlántico. Será o vindeiro mércores 29 de marzo, ás 20 horas, no local do Ateneo na rúa Doutor Cadaval.

Unha peli con… Orisel Gaspar

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O xoves 26 de abril temos unha nova sesión de "Unha película con...". Neste caso contamos coa actriz cubana Orisel Gaspar, protagonista da película que nos presenta: Siete días siete noches, do director Joel Cano. O acto terá lugar ás 19.30 horas no local do Ateneo Atlántico.

cinemAteneo. Terra e Liberdade

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Cinemateneo presenta a película de Ken Loach Land and Freedom (Terra e Liberdade). Será o mércores 10 de maio de 2023, ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.

Unha peli con… Emilio Fdez. Zunzunegui

Nova entrega da actividade Unha peli con...
Neste caso, Emilio Fernández Zunzunegui presenta e comenta unha das súas películas preferidas: Léolo de Jean-Claude Lauzon. A proxección terá lugar o mércores 24 de maio, ás 19.45 horas, no noso local da rúa Doutor Cadaval.

cinemAteneo. Urraca, cazador de rojos

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta a película documental Urraca, cazador de rojos. Será o luns 8 de outubro, ás 19 horas, no local do Ateneo (Rúa Dr. Cadaval 17). Para a presentación e posterior coloquio, no que tamén nos falará do seu libro, contamos con Loreto Urraca, neta do tristemente protagonista do documental, e con María Torres (Madrid, 1961), escritora, memorialista e neta de Arturo Torres, represaliado polo franquismo. Presenta, por parte do Ateneo, Remedios Copa.

cinemAteneo. Memorias rotas

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Na nosa sección de cine (cinemAteneo) o próximo 23 de outubro, luns, veremos e comentaremos o documental Memorias Rotas, de Manane Rodríguez. Será ás 19.30 horas nos Multicines Norte e contaremos coa presenza da directora e a presentación de Emilio Fernández Zunzunegui. En el pueblo de Acebo - pueblo de pocos amigos,donde matan a los...