- This event has passed.
cinemAteneo. Un novo mundo
20 Febreiro / 19:30 – 21:00
Un novo mundo (Stéphane Brizé) é a película programada polo cienemAteneo para o martes 20 de febreiro. A proxección comezará ás 19.30 horas nos Multicines Norte. A presentación correrá a cargo de Anabel Mariño.
A película forma parte da Triloxía do traballo na que o director Stéphane Brizé por enriba da mesa de xeito realista e contundente algunhas das consecuencias da economía hipercapitalista no mundo laboral.
En 2015 Stéphane Brizé presentou en Cannes La loi du marchè (A lei do mercado, sobre as consecuencias da crise económica sobre un home desempregado de 51 anos, sen oportunidade de atopar emprego e perceibido como ‘apestoso’ do sistema.)
En 2018 saíu En Guerre (En guerra, a historia dun líder sindical cheo de rabia contra unha fábrica que, coa escusa de salvar a empresa, propón un recorte salarial a cambio de protexer os seus postos de traballo durante cinco anos e que se acaba por converte nunha trampa cando a empresa decide pechar.
E para pechar a triloxía, a película que hoxe veremos: Un autre monde.
“Coa súa vida persoal eclipsada polas esixencias do seu traballo, Philippe Lemesley chega ao punto de ruptura cando a súa muller deixa o matrimonio. A súa relación non resistiu as presións do traballo. Despois de décadas como alto directivo nun grupo industrial, Philippe xa non sabe como responderá ás incoherentes demandas da súa empresa. Chega o momento no que tes que facer balance e decidir o sentido da túa vida”. (Sinopse da ficha da película en Filmaffinity).
- Título orixinal, Un autre monde
- Ano 2021
- País, Francia
- Duración 96 min
- Dirección, Stéphane Brizé
- Guión, Stéphane Brizé e Olivier Gorce
- Reparto, Vincent Lindon, Sandrine Kiberlain, Anthony Bajon
- A película foi nominada so León de ouro á mellor película no festival de Venecia 2021