A profundidade esencial da terra
Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, SpainCon motivo do centenario do Surrealismo, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición "A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta", da man do comisario da exposición, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro.