Curso de Arte contemporánea

Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, Spain

A orixe das especies, As outras xenealoxías da Arte contemporánea, curso organizado pola Asociación Amiga do Marco en colaboración co Ateneo Atlántico. Profesor Suso Fandiño. Mércores 31 de xaneiro e 1, 14 e 21 de febreiro, de 19 a 21 horas, no MARCO.

Visita guiada: Pinceladas do esquecemento

Pinacoteca Fdez del Riego Rúa Abeleira Menéndez 8, Vigo, Pontevedra, Spain

O xoves 29 de febreiro, ás sete da tarde, temos organizada unha visita guiada á exposición Pinceladas do esquecemento; Molíns-Chao, artistas viguesas do século XIX, que se exhibe na actualidade na Pinacoteca Fernández del Riego. A visita será da man do comisario da exposición José Luís Mateo. Dado que temos limitado o número de prazas, será imprescindible a reserva previa.

A profundidade esencial da terra

Marco Rúa do Príncipe, 54, Vigo, Galicia, Spain

Con motivo do centenario do Surrealismo, o Ateneo Atlántico organiza unha visita guiada á exposición "A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta", da man do comisario da exposición, Xosé Carlos L. Bernárdez. Será no Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), ás 18.30 horas do xoves 7 de novembro.