Co gallo do cabodano de Álvaro Cunqueiro, o Ateneo Atlántico propón esta actividade para lembrar a esta figura imprescindible das letras galegas. Xesús Alonso Montero falará sobre "O latín, como 'divinas palabras', na obra de Cunqueiro". Será o luns 26 de febreiro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO. O acto será presentado por Xina Vega e Su Garrido Pombo interpretará unha canción baseada nun poema de Cunqueiro.
