cinemAteneo. A muller da montaña

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

O mércores 8 de maio, o cinemAteneo presenta a películoa A muller da montataña, de Benedikt Erlingsson. Será ás 19.30 horas, nos Multicines Norte.

cinemAteneo. Flores tristes

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Nova entrega de cinemAteneo coa presenza do director e realizador Teo Manuel Abad. Será o día 22 de maio, ás 19 horas, na biblioteca da EMAO para ver e comentar a súa película Flores tristes.

cinemAteneo, No Other Land

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Xa estamos de volta coas actividades de Cinema. E queremos empezar cunha película que xira arredor da inxustiza de Palestina. Despois de moito buscar coidamos que ao final demos cun bo título No Other Land, un documental premiado en Berlín que será estrea en Vigo. A proxección terá lugar o mércores 13 de novembro, ás 19.30 horas, nos multicines Norte. Para este acto contamos coa colaboración dos propios cines Norte e de Filmin.

Dónde vamos a vivir

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O martes 26 de novembro, o Ateneo Atlántico prácese en presentar o filme documental Dónde vamos a vivir, Mujeres contra el deshaucio, de Georgina Cisquella. No acto, terá lugar a partir das 19 horas na biblioteca da EMAO, e ademais da directora, participará Amaia Vilas (Provivienda); actuará como presentadora Elvira Landín.

Inês, aquilo que nos une

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O cinemAteneo presenta o filme documental Inês, aquilo que nos une, de MJ Pérez.
A proxección terá lugar o mércores 27 de novembro, a partir das 19.30 horas, no Espazo Ateneo. Xunto con MJ Pérez estará Puri Silva, que actuará como presentadora.

Proxección do documental Anduriña

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo Atlántico prácese en proxectar o filme documental Anduriña, mulleres de ida e volta, da actriz e directora Cristina Pascual. O acto terá lugar o martes 21 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, na biblioteca da EMAO; Nones Araújo será a presentadora.

cinemAteneo. Delicioso

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

Volve o cinemAteneo coa proxección do filme Delicioso, de Eric Besnard. Será o mércores 22 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, nos multicines Norte.

cinemAteneo. O aprendiz

Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

A película do mes do cinemAteneo será The Apprentice (O aprendiz), A proxección e posterior coloquio terán lugar o mércores 12 de febreiro, a partir das 19.30 horas nos multicines Norte. Os principios de Donald Trump no Nova York dos anos 70.