Pasando o testemuño da igualdade

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

Acto do Ateneo Atlántico de Vigo: Construír a democracia: Pasando o testemuño da igualdade. Quen? Magis Iglesias e María Xosé Porteiro. Cando? O martes 22 de abril de 2025 a partir das 19.30 horas. Onde? Na casa galega da cultura (praza da Princesa).

Presentación libro Xesús Alonso Montero

Casa do Libro Rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, Pontevedra, Spain

O Ateneo Atlántico prácese en presentar o libro Poesía e sociedade no Cancioneiro popular galego, escrito por Xesús Alonso Montero por mor do día das Letras galegas 2025. Quen? O autor estará acompañado de Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Galaxia; presenta Fernando Fernández. Cando? Xoves 24 de abril, ás 19 horas. Onde? Na Casa del libro, en Velázquez Moreno 27.

Saída ás Terras da Ulloa

O Ateneo Atlántico organiza unha saída polas Terras da Ulloa. Cando? Sábado 26 de abril, saída ás 8.30 horas, chegada aproximada arredor das 21 horas. Onde? Visita ao castelo de Pambre, á igrexa de Vilar de Donas, á granxa ecolóxica Maruxa e ás terras afectadas polo proxecto Altri. Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias. Inscricións por wathsapp ao número 635685838 a partir do luns 21.

A lingua de Vigo

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

O Ateneo Atlántico presenta o acto: A lingua de Vigo. Quen? Xosé Henrique Costas, presenta Xosé Carlos L. Bernárdez. Cando? O luns 28 de abril de 2025 ás 19.30 horas. Onde? Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa).

cinemAteneo. Filtrando a luz

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o filme documental Filtrando a luz, do director Xacobe Meléndrez Fassbender. Quen? Contaremos coa presenza do director. Cando? O mércores 30 de abril de 2025 ás 19.30 horas. Onde? No espazo Ateneo (doutor Cadaval 17)

CdeL. Arraianos

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro seleccionado polo Club de Lectura para ler ao longo do mes de abril é Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A xuntanza terá lugar no Espazo Ateneo (rúa Dr. Cadaval 17), o mércores 6 de maio a partir das 18.30 horas.