Loading Events

« All Events

cinemAteneo. Filtrando a luz

30 Abril / 19:30 21:00

O Ateneo Atlántico de Vigo presenta o filme documental Filtrando a luz, do director Xacobe Meléndrez Fassbender. Quen? Contaremos coa presenza do director. Cando? O mércores 30 de abril de 2025 ás 19.30 horas. Onde? No espazo Ateneo (doutor Cadaval 17)

2025-04-30 Cine Filtrando a luz
Ficha técnica
  • Dirección e realización: Xacobe Meléndrez Fassbender
  • Produtor executivo: Xacobe Meléndrez Fassbender
  • Produción: Federación Ecoloxista Galega, FEG
  • Guión: Xacobe Meléndrez Fassbender e João Manuel Peres Lijó
  • Cámaras e son: Xosé Cruz Mahía e Xacobe Meléndrez Fassbender
  • Operador de drone e imaxes aéreas: Xacobe Meléndrez Fassbender
  • Vídeos de arquivo: XK3foto, Xacobe Meléndrez Fassbender
  • Documentación: João Manuel Peres Lijó
  • Montaxe: Xacobe Meléndrez Fassbender e Olfös Eber
  • Música, grupos:
    • A Banda da Loba: “Cobiza”, “O Peso do peito”
    • Resíduos Radiactivas: “Marghasand”, “A farmacia”
    • Ulex: “Nunca Máis”
  • Duración: 89 minutos
Sinopse

Documental que percorre a historia do movemento ecoloxista galego. Dende os anos sesenta até a actualidade (cunha referencia ao século XVI), narrado en primeira persoa polos protagonistas de algunhas das campañas de protección do medio ambiente galego, coas súas pertinentes conexións internacionais… a protección dos espazos e as especies, o ecoloxismo social, a conservación da Terra…
Un repaso á problematica ambiental galega dende hai xa máis de 60 anos, ao activismo conservacionista, ao ecofeminismo… Pon o foco dende a Celulosa de Ence en Pontevedra até o proxecto GAMA na Ulloa, nas enerxías dende as centrais e minicentrais hidroeléctricas, ate as modernas renovábeis, pasando pola historia das centrais térmicas, tamén se trata a problemática dos lumes forestais, a producción agrícola e gandeira, os medios de transporte, o cambio climático, as propostas de decrecemento, o mar, o lixo, o tema forestal, a contaminación dos ríos…
Cunha visión coral e diversa, son trinta e seis as persoas entrevistadas, falan personaxes históricas como Xosé Manuel Penas Patiño, Sonsoles Izquierdo, Ramón Varela, Manolo Rivas, Roxelio Pérez Moreira… ecoloxistas con gran actividade na actualidade como Marta Gontá, Begoña de Bernardo, María Bañón ou Iñaki Varela.
Entrevistas gravadas en localizacións emblemáticas para as campañas desenvoltas en todo este tempo: Corrubedo, Serra do Suído, Río Miño en Lugo, Ría do Burgo, A Limia… Con espectaculares imaxes aéreas amosando o que non se adoita ver, Alúmina-Alumino, Aeroxeradores do Xistral, Celulosa de Pontevedra…

O proxecto

Filtrando a luz fai parte do proxecto “Temos Raices” co que a FEG, Federación Ecoloxista Galega (antes AGENG), traballa para pór en valor a identidade e as experiencias vividas, os xeitos de traballo, reivindicar as campañas éxitosas e reflexionar sobre as que non foron adiante. Recoñecer as persoas e organizacións que participaron ao longo do tempo e recoller o traballo realizado por estas nun arquivo documental que permita recuperar a memoria do movemento ecoloxista e dos seus e das súas protagonistas e que contará con material audiovisual. documentos, cartelería e outro materiais producidos polo movemento ecoloxista galego ao longo da súa historia. É un proxecto dinámico, no que a información recollida será organizada para a súa preservación e divulgación. No eido audivisual preténdeselle dar continuidade a esta longametraxe documental coa elaboración duha serie de capítulos centrados en lugares, grupos e campañas específicas.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website