Saída ás Terras da Ulloa
26 Abril / 08:30 – 21:00
O Ateneo Atlántico organiza unha saída polas Terras da Ulloa. Cando? Sábado 26 de abril, saída ás 8.30 horas, chegada aproximada arredor das 21 horas. Onde? Visita ao castelo de Pambre, á igrexa de Vilar de Donas, á granxa ecolóxica Maruxa e ás terras afectadas polo proxecto Altri. Prezo: 55€ para persoas socias e 65€ para non socias. Inscricións por wathsapp ao número 635685838 a partir do luns 21.

A saída será ás 8.30 horas desde o lugar habitual, o antigo reitorado, hoxe sede da Zona Franca, na rúa Areal. O regreso está calculado para chegar a Vigo sobre as 21 horas.
O custo, que inclúe os traslados, a comida, o seguro e as visitas guiadas é de 55 euros para socias e de 65 para persoas non socias.
A inscrición será a partir do luns 21, enviando un wathsapp ao número 635685838 atendendo ás seguintes normas:
- As inscricións enviadas antes do luns 21 non serán tidas en conta.
- Cada persoa pode anotarse a si mesma e, como máximo, a un acompañante.
- Terán prioridade as persoas socias, en segundo lugar as persoas socias con acompañante non socia e en terceiro lugar as persoas non socias.
- Cancelacións: para cancelar e ter dereito ao reembolso do importe só se poderá facer con 72 horas de antelación á saída.

O día comezará cunha visita ao castelo de Pambre, un dos mellor conservados de Galicia e que destaca por ser o último bastión da rebelión Irmandiña. O noso guía será Lalo, do Instituto de Estudos Ulloáns.

De Pambre nos desprazaremos á igrexa de Vilar de Donas, de orixe románica e con importantes pinturas góticas.
A mañá acabará cunha referenza ás paisaxes onde Altri, coa beizón da Xunta de Galicia, pretende facer a súa desfeita ecolóxica e paisaxística.

Despois de comer, e da man de María, visitaremos a granxa Maruxa onde veremos como se crían as vacas de xeito ecolóxico para conseguir o leite máis premiado e todos os seus derivados.
Regreso a Vigo con hora prevista de chegada arredor das 21 horas