- This event has passed.
Pasando o testemuño da igualdade
22 Abril / 19:30 – 21:00
Acto do Ateneo Atlántico de Vigo: Construír a democracia: Pasando o testemuño da igualdade. Quen? Magis Iglesias e María Xosé Porteiro. Cando? O martes 22 de abril de 2025 a partir das 19.30 horas. Onde? Na casa galega da cultura (praza da Princesa).

Magis Iglesias
Ángeles Iglesias Bello, nada en Vigo en 1956, é unha xornalista galega, coñecida profesionalmente como Magis Iglesias.
Licenciouse en Ciencias da información pola Universidade Complutense de Madrid. Comezou a traballar en La Voz de Galicia e Faro de Vigo, do que creou a delegación da Coruña. Formou parte do primeiro equipo de redactores que en 1985 puxo en marcha a Televisión de Galicia, onde fixo tarefas de reporteira, xefa de sección e coordinadora electoral.
Foi redactora xefa de Política na axencia de noticias Colpisa, vinculada a Vocento, onde se ocupa da información parlamentaria. Desde 1988 cubriu os acontecementos referidos ao Partido Popular e os seus líderes. Ademais, colaborou como contertulia nos programas Hoy por hoy da Cadena SER e Los desayunos de TVE.
En 2004 publicou o libro La Sucesión (Editorial Temas de hoy), no que relata o desenvolvemento dos acontecementos que levaron ao presidente José María Aznar a designar Mariano Rajoy como o seu sucesor.
O 20 de setembro de 2008 foi elixida presidenta da Federación de Asociacións de Periodistas de España, a primeira muller que accedeu ao cargo, e ocupou o posto até 2010.
Desde 2012 é Directora de Comunicación da Entidade Pública Marca España.
(Da entrada Magis Iglesias na Galipedia).