Pensar a Cidade. Vigo industrial
O venres 24 de novembro (19.15 horas), na Casa
Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa), celebrarase o primeiro acto
dunha serie que, arredor do título xenérico “Pensar a Cidade”, o Ateneo Atlántico
desenvolverá ao longo dos próximos meses.
Este encontro inicial leva por título “Vigo Industrial” e versará sobre o rol da industria na definición da personalidade da cidade de Vigo e a súa comarca.
Para ilustrar, dimensionar e facernos reflexionar sobre a impronta
que este sector secundario deixou (e está a deixar?) na nosa
cidade, contamos con dous dos mellores expertos na cuestión de
análise: Xosé Carlos Arias e Xoán Carmona Badía, ámbolos dous
catedráticos de Economía e, de sempre, vencellados a esta cidade.
Asemade no acto intervirá, como contrapunto e moderadora, Amelia
Pérez Álvarez, sindicalista e traballadora de Zara. Presentará o
acto Anxo Cabada Álvarez, Presidente do Ateneo Atlántico.
Semblanzas:
Xosé Carlos Arias, lugués (intramuros), residente en Vigo, Catedrático de
Política económica na Universidade de Vigo.
Entre as múltiples publicacións
debemos destacar algún dos seus últimos libros: “La nueva piel
del capitalismo “ én colaboración co prestixioso analista de
economía e catedrático Antón Costas (Galaxia G., 2016), “Nuevo
instuticionalismo: gobernanza económica y políticas públicas”
(CIS, 2013) e outro traballo conxunto con Antón Costas “La torre
de la arrogancia” (2º edc. Ariel, 2012) . Columnista de “La Voz
de Galicia”, destaca a súa función divulgadora nos medios de
prensa e televisión. Así mesmo e de suliñar a permanente
colaboración en publicacións e libros impresos por editoriais
internacionais como Springer ou Routledge.
Xoán Carmona Badía, vigués ,
Catedrático e Director do Departamento de “Historia e
Institucións Económicas” na Universidade de Santiago.
Inicialmente, a súa investigación,
centrouse na historia marítima empresarial, industrial e
patrimonial de Galicia. Exerceu o comisariado de diversas
exposicións e proxectos sobre a conservación do patrimonio
industrial e marítimo en Galicia e diversas capitais europeas. É
de suliñar a exposición “Galicia Industrial” coa que se
inaugurou a sede viguesa da Fundación Barrié de la Maza xunto co
Jordi Nadal Oller. Entre as súas múltiples publicacións debemos
suliñar: “O atraso industrial de Galicia”; “O empeño
industrial de Galicia: 250 anos de historia, 1750-2000” e “As
familias da conserva. O sector das conservas de peixe a través das
súas sagas familiares”. Tamén é de destacar, coma a de X. Carlos
Arias, o seu compromiso divulgador.