literAteneo
O espello das plabras
María Xosé Queizán
Frankenstein, da xenial Mary Shelley, cumpre douscentos anos
Martes 6 de marzo de 2018
19.30 horas
Casa del libro, rúa Velázquez Moreno 27, Vigo
A novela Frankenstein: o moderno Prometeo, de Mary Wollstonecraft Shelley, foi publicada o primeiro de xaneiro de 1818 e chega a seu vicentenario con homenaxes en todo o mundo. O Ateneo Atlántico, dentro do seu ámbito literario, literAteneo, súmase a esta efemérede cunha conferencia de María Xosé Queizán, autora dunha interesantísima investigación sobre a escritora británica e a súa obra.
No seu ensaio Mary
Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial, Queizán
da conta de como Mary Shelley, filla da autora dunha
obra cimeira do feminismo, Vindicación dos dereitos da
muller, tivo unha completa educación, pouco frecuente
para as mulleres na súa época e cunha influencia que queda
patente, na procura un racionalismo ilustrado que despertou
o interese dos estudos feministas. Na súa novela, a autora
fai unha viaxe a través da súa propia biografía, do
contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial e
máis do poder que emana da súa criatura literaria, Frankenstein,
figura imperecedoira da literatura universal e reiteradamente tratada
no cine e na TV.
Alén dunha extensa
obra narrativa, poética e teatral, María Xosé Queizán é a voz pioneira e con máis
peso do feminismo galego e acadou un notable recoñecemento
internacional. Directora da revista feminista Festa da palabra
silenciada, como ensaísta publicou A muller en Galicia (1977),
Recuperemos as mans (1980), Escrita da certeza (1995), Misoxinia e
racismo na poesía de E. Pondal (1988), Racionalismo político e
literario. Conciliar as ciencias e as Humanidades (2004), Anti Natura
(2008) e Mary Wollstonecrat Shelley e a súa criatura artificial
(2011).
escritora María Xosé Porteiro, presentará a María Xosé Queizán
no acto que comezará ás 19:30 na Casa do Libro, en Vigo