cinemAteneo
Alanis (Arxentina, 2017)

23 de maio, Multicines Norte

Continuando co ciclo Vai Violeta, adicado a amosar diversas perspectivas da realidade da muller, e de novo en colaboración cos Multicines Norte, CinemAteneo propón Alanis, película da directora arxentina Anahi Bernerí. A película achéganos ao día a día da súa protagonista (Sofía Gala) como nai e prostituta, e faino con crueza, sen prexuizos previos, para amosar máis que para denunciar e revelar así unha realidade non sempre visible.
Ao finalizar a película realizaremos un coloquio moderado por Silvia Pérez Freire.
Data: mércores, 23 de Maio
Lugar: Multicines Norte
Hora: 19:40 horas
Ficha Técnica:
ALANIS
Arxentina (2017)
82 minutos
V.O.E.
Dirección: Anahi Bernerí
Guión: Anahí Berneri, Javier Van De Couter
Intérpretes: Sofia Gala, Dante Della Paolera, Santiago Pedrero, Dana Basso, Silvina Sabater