Cea de Fin de tempada
Venres 15 de xuño
Carballeda de Avia – Alcabre

Como peche de actividades do curso 17/18, convocámosvos a unha gran cea que terá lugar o vindeiro venres 15 de xuño no bar Carballeda de Avia (Avenida de Atlántida 128, Alcabre, Vigo).

A cociñeira compremétese a elaborar un ‘menú marxista‘ para conmemorar-celebrar o bicentenario do nacemento de Karl Marx; o prezo do cuberto será de 20€ por persoa.

Pola súa banda, o Ateneo promete algunha que outra sorpresa para que a velada sexa memorable e que xustifique a rimbombante sona que lle demos á nosa particular Grande Bouffe (por certo, memorable, de memorabilis, ‘digno de memoria’, sen especificar se para ben ou para mal…).
A cea está reservada a ateneístas, puidendo cada unha ir acompañada dunha parella (asociada ou non, e, de poder ser, de dereito, de feito ou de barbeito).
A reserva de cuberto realizarase mediante transferencia bancaria dos cartos correspondentes á conta do Ateneo Atlántico. No apartado de ‘Concepto’ da transferencia incluirase o nome ou nomes das persoas que asistirán ao acto lúdico-gastronómico e, para máis inri, afectivo-convivencial. O xustificante da transferencia será o único pase válido para poder acceder ao recinto.
Data límite para a reserva de cuberto: mércores 13 de xuño.
Esperamos disfrutar da túa presenza.
E se non es socia, aproveita para unirte a nós, que aínda estás a tempo!