Xa está aquí a gran cea Marxista-Ateneísta do Ateneo Atlántico.
Lembra: venres 15 de xuño de 2018, entre 20 e 22 horas, no bar Carballeda de Avia (avenida de Atlántida 128, Vigo).
Aínda está a tempo de anotarte (antes do xoves 14). Aproveita!
20 euros por persoa.
Seica o venres 15 hai un apaixoante duelo futbolístico-fratricida (o segundo opio do pobo) entre España e Portugal, así que, se queres partilhar os teus sentimentos encontrados con outros (e outras!) ateneístas futboleiras (ou non tanto), podes pasarte polo Carballeda de Avia a partir das 20 horas. A cea será ao remate do partido.
Menú
Primeiros
     Canapés encontro de mares
     Empanada de xoubas paixón de Marx
Segundos
     -Ensalada vermella
     -Xamón asado autoemancipación obreira
Bebidas (incluída cervexa forte ao gusto de Marx)
sobremesa (Käsekuchen, pexegos con nata e torta xeada) e café.

Ao remate da cea compartiremos momentos co grupo musical Jorge Bombero Trío: