Casa da Cultura Galega · Praza da Princesa /sn
Luns 11 de Marzo · 19:30h
Con Rosa Cobo, Carme Adán e Mónica Bar
Presenta Chis Oliveira
O Ateneo Atlántico celebra o 8 marzo, e o fai cun novo acto dentro da homenaxe a María Xosé Queizán que lle queremos facer ao londo de 2019 polo seu 80 aniversario.
O acto é unha conversa e analise do pensamento de María Xosé Queizán, a súa obra e a súa relevancia dentro do Movemento Feminista en Galicia. Interverán:
- Rosa Cobo Bedia, profesora de socioloxía do xénero na Universidade de A Coruña, onde tamén dirixe o Centro de Estudos de Xénero e Feministas. Autora de “La prostitución en el corazón del capitalismo”.
- Carme Adán, profesora de filosofía. Foi Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Autora de “Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión”
- Mónica Bar, filóloga e dramaturga. Autora de “Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha”.
Presentará o acto en nome do Ateneo Atlántico, Chis Oliveira, filósofa coordenadora do Comando Igualdade e co-autora de “Ám@me”.
Entrada libre ata completar aforo (60 persóas)