Un andel de palabras e música
Un recital poético e musical en homenaxe á libraría Andel
Presentado por Pepe Cáccamo
Libraría Andel · Avda. das Camelias, 102
Venres 22 de marzo · 20:00h
Como seguramente sabedes, a Libraría Andel, especializada no libro galego e portugués, e tras moitos anos de servicio, vai pechar ás súas portas. Durante máis de vinte anos, ben na rúa Pintor Lugrís, coma agora na rúa das Camelias, esta libraría foi un lugar de encontro e celebración da lingua galega.
O acto pretede ser unha celebración dos contidos da propia libraría: lectura de poemas, fragmentos de libros e pequenas pezas musicais, por amigos que queren agradecer o labor de Concha e Xaime á fronte. Participan Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara do Roxo, Cris Amoedo, Silvia Penas, Lucía Novas, Xavier R. Baixeras, Liliana Villar, Lola Villar e Toñi Caseiro, Iria Bragado e Antonio García Teixeiro entre outros. E todo conducido por Pepe Cáccamo coas propostas musicais de Santiago Ferragud e de Carmen Penim.
Imos tamén deixar o micro aberto para quen queira sumarse á lectura.
Queremos, e de modo especial, invítar a todolos asistentes a mercar un libro, porque non hai mellor forma de celebrar a vida dunha libraría, e axudar tamén así a que acabe con bo pe.
Entrada libre ata completar aforo.
Súbide con nós a este andel de palabras e música.