Feminismo e novas formas do político
Con Cristina Moreiras, University of Michigan
Presenta M. Forcadela, Universidade de Vigo
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Martes, 23 de Abril · 19:30h

A charla a cargo de Cristina Moreiras,
catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na Universidade de
Michigan, é un intento de ofrecer unha reflexion sobre o movemento
feminista no noso presente, baseado na pregunta ¿é o feminismo, hoxe en dia, unha práctica política?
Se isto é así, ¿qué o converte nun movemento político e, máis
específicamente, nun movemento político de esquerdas? Nun momento no que
apenas hai militancia política e ainda menos militancia feminista, ou a
que existe parecenos lonxe de toda razón política, ¿ónde situamos a
eficacia política e a ética do feminismo?

Esta palestra trata de
presentar algunhas respostas e moitas preguntas ao redor deste e outros
temas de importancia vital para acadar unha sociedade igualitaria nun
mundo que todavía categoriza a diferencia, e a diferencia sexual, como
algo negativo e, en consecuencia, como algo que está suxeito a unha
persistente discriminación.

Cristina Moreiras-Menor (Vigo,
1959) é catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na
Universidade de Michigan (Ann Arbor), onde tamén ten sido directora do
Departamento de linguas e literaturas románicas entre os anos 2010 e
2018. Publica extensamente sobre a literatura galega dos séculos XIX e
XX (destacando os seus traballos sobre Rosalía de Castro, e Xosé Luis
Méndez Ferrín) e sobre literatura, cine e fotografía dos séculos XX e
XXI. É autora de dous libros, Cultura herida: Literatura y cine en la España democrática (Libertarias, 2002) e La estela del tiempo: historicidad e imagen en el cine español contemporáneo (Editorial Iberoamericana Vervuert, 2011).

Manuel Forcadela
é Historiador da literatura, poeta, e novelista. Profesor de Filoloxía e
Tradución da Universidade de Vigo. Colaborador en diversas revistas e
xornais. Da súa ampla produción cumpre destacar: O varredor en outono (Sotelo Blanco,
1988); A harpa e a terra (Ed. Xerais, 1988); Fóra de xogo (Edicións do Cumio, 1993); Morte do fadista (Espiral Maior, 2000); Dama Saudade e o cabaleiro Sombra (Frank @ Timme, 2012)

Entrada libre ata completar aforo.