Ciclo Jazz, Tempo e Metamorfose
Segunda Xornada: As
Mulleres do Jazz

Salón
de Actos do MARCO · Rúa do Príncipe 54
Sábado
2
6 Outubro · 19:30h
 
O Ateneo Atlántico de Vigo organiza, o próximo
sábado 26, ás 19.30h, á segunda
sesión do ciclo Jazz, Tempo e Metamorfose, actividade que,
coa coordinación do profesor, músico e comunicador Alberto
Conde
, propón unha viaxe por un xénero musical clave
para comprender os séculos XX e XXI.
No contexto da política
cultural-oficial que estamos a sufrir na cidade, e que levou, por
exemplo, á desaparición dunha icona como era o ImaxinaSons,
no Ateneo Atlántico consideramos unha obriga facer propostas que,
desde a nosas posibilidades, poidan contribuír a denunciar esta
situación e a manter vivas as inquietudes e movementos culturais que
caracterizaron, historicamente, a Vigo.
Na sesión do
sábado propomos un repaso ao papel e a importante contribución
feminina á historia do jazz. Deste xeito, escoitaremos músicas e
historias dun gran número de mulleres que xa forman parte da
historia do Jazz e que tocaron en Vigo: Anita O’Day, Eliane Elias,
Yissy García, Toshiko Akiyoshi, Casandra Wilson, María Joao, Giulia
Valle, Michelle Mc Cain, e sen esquecer a achega de mulleres viguesas
como Enma Pino e Lucía Martínez.
Nesta segunda
sesión-audición camiñaremos da man de Diana
Tarín, Tania Pino, Lorena Otero, María Luisa Abad, Ana Álvarez e
Pedro Solveira
.
Desde o Ateneo
Atlántico queremos agradecer, unha vez máis, ao Museo de Arte
Contemporánea de Vigo
(MARCO) a cesión do seu salón de actos.
A entrada a esta actividade será totalmente libre
ata completar aforo do local (150 persoas).
 
Créditos:

Dirección técnica: Xose Otero
– Ponente e co-guinista: Luis
Cuntín

– Guion e dirección: AlbertoConde de León