Con Xina Vega, Marga do Val e Carlos L. Bernárdez
Venres, 29 de Novembro · 20:00h
Espacio Cubo · r/ Doutor Cadaval 17 (baixo)
Este vindeiro venres 29 de novembro pecharemos o ciclo que, desde febreiro, vimos adicando a María Xosé Queizán con motivo do seu oitenta aniversario. Se nunha primeira sesión (Con saias e a galope) a propia MX Queizán conversaba con Inma L. Silva sobre a vida e a memoria, na segunda falabamos da súa labor como Feminista destemida, e na terceira faciamos unha lembranza do seu papel na revista feminista de título”A festa da palabra silenciada“
Para rematar o ciclo, neste último acto imos falar de María Xosé Queizán e o seu labor literario.
O acto que pecha o ciclo leva por título Lendo a María Xosé Queizán (María Xosé Queizán como literata) e terá lugar no Espazo Cubo (Doutor Cadaval 17, baixo), o venres 29 de novembro ás 20 horas. Nel contaremos con Xina Vega, que exporá a obra narrativa, Marga do Val centrarase na súa vertente poética, e Xosé Carlos L. Bernárdez, ademais de presentar e moderar o acto, dará a súa versión de M.X. Queizán como ensaísta.
- Rexina Vega,
doutora en Filoloxía románica, é profesora universitaria e
investigadora. É escritora, basicamente narrativa e ensaio, e acadou o
Premio Xerais de 2007 coa súa obra Cardume. Ten actuado como crítica
literaria e colaboradora en Praza.gal, A nosa terra, Grial… - Marga do Val
(Marga Romero), é licenciada en Filoloxía hispánica e
Galego-portuguesa. Escritora (ensaio, poesía, narrativa), tradutora,
crítica literaria e mesmo actriz. É colaboradora de publicacións como
Festa da palabra, Grial ou A nosa terra. En 2011 foi distinguida co
premio da Asociación de escritores en lingua galega. - Xosé Carlos López Bernárdez,
Licenciado en Xeografía e Historia (sección de Historia da Arte),
profesor de Lingua e Literatura Galegas e ensaísta literario e
artístico. Ten publicado numerosos ensaios tanto no eido da literatura
galega como no das artes. Ten destacado como conferenciante e como
Comisario de numerosas exposicións, algunhas delas de gran
transcendencia no mundo artístico galego.
O acto terá lugar no Espazo Cubo (Doutor Cadaval 17, baixo), ás 20 horas.
Entrada libre ata completar aforo (45 persoas)