PoemaRia, Outono, 2019
Sábado, 14 de decembro · 18:30h
Sede en Vigo do Instituto Camões
Fiel á súa cita, e como cada ano, xa está aquí o PoemaRia 2019.
Este ano, e por primeira vez, o Ateneo Atlántico colabora na súa organización.
Este ano, e por primeira vez, o Ateneo Atlántico colabora na súa organización.
O PoemaRia, Festival de Poesía Internacional de Vigo, comezou en xuño de 2016 coa
intención de escoitar especialmente a voz das Mulleres na Poesía. Despois dunha curta, pero intensa vida, hoxe
podemos afirmar que PoemaRia sitúa a Vigo firmemente no mapa cultural de Europa xunto a
outras grandes cidades literarias como Dublín, Edimburgo, Barcelona,
Reykjavik, Cracovia ou Praga, algunhas das ciudades coas que PoemaRia está
asociada.
O PoemaRia 2019 celebrarase o vindeiro sábado 14 de decembro, a partir das 18.30 horas, no Instituto Camões de Vigo (casa Arines, Praza de Almeida 2, Casco Vello) e contará coas poetas Cristina Sánchez Andrade, Javier Fajarnés, Raquel Nobre Guerra, Olga novo e Maram Al Masri.
Trátase dunha oportunidade magnífica para gozar da mellor poesía do momento.