Presenta: Carmen Becerra
Neste ano no que se conmemoran os douscentos anos do nacemento de Concepción Arenal, o Ateneo Atlántico quere sumarse aos múltiples recoñecementos que se lle están a dedicar por todos os recunchos do país a esta pioneira do feminismo en Galicia e en España.
Ademais do acto do venres 6 de marzo (Concepción Arenal, vida, pensamento e acción), e dalgunha que outra sorpresa que gardamos para máis adiante, a comisión de cine do Ateneo decidiu dedicar a sesión do cinemAteneo de marzo a esta excepcional muller.
E, para iso, imos proxectar a película Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, producida por Televisión Española en 2012.A película narra o período de mediados do século XIX en que Concepción Arenal, avogada, feminista e escritora, dedicou parte do seu tempo á función de visitadora de cárceres na prisión de mulleres da A Coruña. Este período será fundamental para configurar o seu pensamento e dará como resultado algunhas das súas obras clave; as reflexións e escritos desta fase da ferrolá servirán de base para a reforma do sistema penitenciario español.
Ficha técnica
Título orixinal: Concepción Arenal, la visitadora de cárceles
Ano: 2012
Duración: 80 min.
País: España
Dirección: Laura Mañá
Guión: Laura Mañá, Rafa Russo
Música: Francesc Gener
Fotografía Sergi Gallardo
Reparto: Diana Gómez, Blanca Portillo, Mabel Rivera, Òscar Rabadan, Pere Arquillué
Produción: Distinto Films / Zenit TV / Televisión de Galicia (TVG) / Canal Sur Televisión / ICIC
Sinopse: TV Movie sobre Concepción Arenal na
súa faceta como visitadora de cárceres de mulleres. A súa loita por cambiar a concepción que había sobre os delincuentes e o que tiñan que ser os cárceres modernos. (FILMAFFINITY)
Premios 2013: Premios Gaudí: Nominada a Mejor película para TV.
Para a presentación contaremos con Carmen Becerra Suárez, doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Santiago de Compostela e profesora titular de “Teoría da literatura e Literatura comparada” na Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo “literacine” da Universidade de Vigo que organiza os Congresos bianuais de “Cine e Literatura”.
O Ateneo Atlántico quere agradecer a Distinto Films produccións e a RTVE a cesión dos dereitos de exhibición da película.