Con Xosé Carlos Abad Gallego
Wagner Gutiérrez Barreira
Modera. José Luís Mateo
Martes 19 de maio, 18 horas
Na canle de Youtube do Ateneo
Seguindo co ciclo Os martes, na casa (co Ateneo Atlántico), o próximo martes, 19 de maio, ás 18 horas, presentamos o coloquio A gripe de 1918 en Vigo, co subtítulo, A pandemia do século XX e unha viaxe literaria.
Trátase dunha charla sobre o acontecido na nosa cidade durante a gripe de 1918.
Xosé Carlos Abad falaranos das semellanzas e diferenzas coa actual pandemia do Covid-19 e debuxará un relato sobre a reacción das autoridades viguesas da época, así como as repercusións sanitarias, económicas e sociais.
Xoán Carlos Abad Gallego
Xoán Carlos Abad é Historiador, profesor de Secundaria, membro fundador e actual Presidente
do Instituto de Estudos Vigueses.
Investigador e divulgador da historia de Vigo, é autor dunha
extensa bibliografía sobre a historia local. Espertando dun soño,
Vigo 1936; Héroes o forajidos; Días negros: crónica dalgúns dos
feitos que encheron de dor e morte o sur da provincia de Pontevedra:
ate 1936; Máis días negros (dende 1936 a 1978); Cen personaxes en
torno a unha guerra; A República e a Guerra Civil na comarca de Vigo
a través dos seus protagonistas; O soño crebado, etc.
Autor dun libro sobre a pandemia da gripe de 1918 en Vigo e a súa
contorna, “E o outono tinguiuse de loito. A gripe de 1918 nas
terras de Vigo”, publicado polo Instituto de Estudos Vigueses.
Wagner Gutiérrez Barreira
Brasileiro de São Paulo, de ascendencia galaico portuguesa.
Xornalista, traballou en revistas de divulgación histórica como
Veja, Aventura na Historia ou en medios xornalísticos como O Estado
de Sãao Paulo ou a TV Cultura. Foi editor da editorial Abril.
É autor
dunha biografía sobre “Limpiãao e Maria Bonita” (Ed. Planeta
Brasil, 2018), e está a piques de rematar unha novela titulada
“Demerara” que alude ao nome do barco que levou a gripe desde
Europa aos portos brasileiros de Recife, Salvador e Río, introducindo
así a infección no Brasil.
José Luis Mateo Álvarez
Actuará como moderador o historiador, libreiro e membro do Instituto de Estudos Vigueses e do Ateneo Atlántico, José Luis Mateo.